O Pleno do Concello, integrado polo Alcalde e mailos Concellais, é o órgano supremo do goberno e da administración municipal. O Pleno do Concello ten, entre outras, as seguintes atribucións:
• O control e fiscalización dos órganos de goberno.
• Os acordos sobre a participación en organizacións supramunicipais.
• Alteración do término municipal.
• Aprobación dos plans urbanísticos nos termos previstos pola lei, ordenanzas municipais e fiscais, presupostos e contas municipais, formas de xestión dos servizos.
• Acordar operacións de crédito, nos supostos que prevé la lei; a contratación de obras, servizos e subministros cando a duración exceda dun ano ou esixan créditos superiores aos consignados no presuposto.
• A aprobación do cadro de persoal e a relación de postos de traballo.
• A alteración dla cualificación xurídica dos bens do Municipio.
• A enaxenación do patrimonio, segundo o previsto por lei; a adquisición de bens e dereitos.
• A regulación do aproveitamento dos bens comunais, etc
Os Plenos son mensuais e celébranse o último xoves do mes que lle corresponde, no salón de sesións do Concello. Presidido polo Alcalde Manuel Anxo Taboada Rodríguez en cumprimento do disposto no artigo 38 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, do 28 de novembro de 1986, Actúa como Secretario o titular da corporación Rafael del Barrio Berbel e a Interventora Mónica Legaspi Díaz e os concelleiros asistentes.
|