mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
Ribeira Sacrata
 
CRDO Ribeira Sacra
 
Proxecto Ribeira Sacra
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Cultura e Turismo :: ribeira sacra lucense
Situada xeograficamente no corazón de Galicia, Chantada tamén se caracteriza por estar en plena Ribeira Sacra Lucense
ampliar
Igrexa de S. Salvador de Asma
A Ribeira Sacra Lucense   
  Configurada polos concellos de Portomarín, Taboada, O Saviñao, Chantada, Pantón, Carballedo, Monforte e Sober, a Ribeira Sacra Lucense ten unha superficie total de 1.379 Km² e unha poboación de arredor de 56.000 habitantes.
Este espazo físico ten toda unha serie de parámetros ou características xeográficas que a fan ideal para o illamento e o retiro; estes aspectos foron bastantes solicitados por moitas das congregacións relixiosas, que na Idade Media se atopaban en plena efervescencia ou apoxeo. Convén entón facer un pouco de historia sobre esta zona xa que a gran profusión de edificios románicos existentes no concello non se comprendería sen este espazo natural e sen a colonización monacal que no mesmo se produciu. A composición “Rivoyra Sacrata” aparece na grafía por primeira vez cando transcorre a data de 1124, nun texto ou documento no que a raíña Tareixa de Portugal ordenou a fundación do mosteiro de Montederramo. Pero por aqueles momentos o termo tan só facía referencia ás ribeiras do río Sil, onde se ten constatado que xa a partires de comezos do século V d.C. se instalaran numerosas comunidades relixiosas. Entón, Na actualidade parte do río Miño figura integrada da Ribeira Sagrada debido a que unha vez o fenómeno monástico se foi estendendo polas súas inmediacións chegou irremediablemente ata o cauce fluvial deste río. Foi deste xeito como o termo de Rivoyra Sacrata comezou a englobar espazos físicos máis extensos.

ampliar
Tímpano da igrexa de San Paio de Muradelle
  O noso concello atópase inzado de templos e igrexas pertencentes a este estilo o que nos da mostra do importantísimo patrimonio do que dispoñemos. A colonización monacal foi un feito indispensable para que o románico arraigase na nosa comarca. A pegada do mesmo nos séculos medios vémola en multitude de construcións; exemplo disto son as igrexas de San Salvador de Asma [ver], Santa María de Camporramiro [ver], San Cristovo de Mouricios, Santa María de Nogueira [ver], San Paio de Muradelle [ver] e Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao); todas elas baixo xurisdición do Mosteiro de San Salvador de Asma. Pero si a estas unimos e incluímos os templos e fundacións pertencentes a antiga xurisdición de Chantada, entón o número de templos románicos aumenta considerablemente. Exemplo disto, témolo nas igrexas e freguesías de Santa María de Arcos, San Vicente de Argozón, Santa María de Bermún [ver], San Cristovo de Fornas, San Miguel do Monte [ver] e a do Bo Xesús de Brigos [ver], todas elas no actual concello de Chantada; a estas temos que engadir as igrexas románicas de Santiago de Lousada e Santiago de Pradeda, sitas no Concello de Carballedo dende que foron separadas da xurisdición de Chantada ó ser suprimidas as xurisdicións territoriais.
   
   
Muras na ribeira

  Alén disto, a orixinalidade física e os parámetros climáticos, caracterizados por un microclima atlántico consistente na suavidade das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación, propiciou o desenvolvemento dun particular aproveitamento agrícola: A viticultura. Caracterízase polo cultivo da uva en socalcos que consegue perfeccionar a personalidade da ribeira e influíndo nunha paisaxe humanizada modelada ó longo dos séculos, deu pé as “muras” para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Debido á sacrificada labor de produción e escasa mecanización, recibe o nome de “viticultura heroica”
   A vide introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da Gallaecia primitiva, crese que naquela época os caldos da zona de Amandi viaxaban até Roma onde eran apreciados, probablemente a variedade orixinal da vide foi introducida polos propios romanos.
ampliar
   D.O. Ribeira Sacra
  Pero a gran expansión do viñedo realizouse debido ás colonizacións monásticas medievais e a profusión de cenobios que arrendaron as terras ós campesiños, atraídos polas posibilidades económicas deste cultivo.
Nos derradeiros anos, o viño convertéronse nun importante motor para a dinamización económica do concello. A súa produción, expandida por moitos lugares do mundo, fai dos viños da zona unha das principias esperanzas para a Chantada dos nosos días non só en canto a súa economía, senón tamén como escaparate turístico do noso concello. A denominación de orixe Ribeira Sacra foi aprobada o trinta de Maio do ano 1995 mediante orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. www.ribeirasacra.org

Penedo do Graullo
A grande diversidade de flora e fauna, ofrece un espectáculo natural incomparable a que adoite perderse polos seus montes soutos, carballeiras ou sucando as augas dos seus ríos: tranquilidade, beleza inigualable, recunchos insólitos... posibilidades infinitas para os amantes do contacto directo coa natureza.

Proxecto Patrimonio da Humanidade
 
  Xa por outra banda dende hai dous anos diversas asociacións como Asociación Cultural de Amigos de la Ribeira Sacra [ir] e o Instituto A Pinguela [ir], de Monforte de Lemos promoven o nomeamento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. En setembro de 2005 púxose en marcha un traballo efectivo en pro do "Proxecto Patrimonio da Humanidade"; profesores, alumnos, técnicos e voluntarios, encargaranse de realizar o traballo de campo. Ponse en marcha o portal exclusivamente dedicado a esta labor www.patrimonio-ribeirasacra.info, que está en funcionamento coas primeiras informacións, para dar facilidades a todos os que queiran colaborar neste inmenso proxecto.


  Artigos relacionados
 
     >> Ruta Ribira Sacra
        galiciaparaelmundo.com (español)
     >> La Ribeira Sacra
        Galinor (español)
     >> O Románico
        Ecomuseo de Arxeriz (galego)

web desenrolada por novodesenho créditos