Bodega fundada en 2006 asentada sobre unha antiga construción de pedra que data do século XVIII sendo rehabilitada con materiais propios da zona, posúe una superficie de 300 m2 e actualmente conta cunha capacidade para 20.000 litros.
Esta bodega de recente incorporación á Denominación de Orixe conta cunha centenaria tradición vitícola que seguiron retomando as novas xeracións familiares.
As pretensións desta bodega son a elaboración de caldos con elevado potencial varietal e de distinguidos matices únicos doados polas singulares características dos seus viñedos e a coidada elaboración que se merecen.
O esforzo e empeño nunha viticultura de calidade xa nos recompensou gratamente na nosa primeira anada.
Esta adega admite visitas todo o ano previo aviso. |