Con este proxecto preténdese recuperar este espazo público, reordenar o espazo da praza, acadar unhas zonas adicadas exclusivamente para os peóns e diferencialas dos espazos de circulación rodada.
Un dato importante que hai que ter en conta, posto que condiciona a proposta de proxecto, é o desnivel que ten a praza que cae con pendente uniforme cara ao cruce de acceso ao pavillón.
Tendo isto en conta, plantéanse catro terrazas a distintas cotas da beirarrúa, creando unhas pequenas prazas de relación para o peón, considerando por suposto que nesta zona hai moitos baixos comerciais destinados a bares e pubs.
Proponse, polo tanto, estas catro terrazas a modo de bancadas, rodeadas por unha beirarrúa perimetral, que cunha liña de mazairas bermellas, marca o límite da zona peonil, separándoa do tráfico rodado.
No entorno do pavillón preténdese ordenar o tráfico, organizando unha serie de prazas de aparcamento e mantendo unha zona pavimentada de espera diante do mesmo.
Igualmente preténdese recuperar e potenciar a alameda existente, hoxe convertida nun lameiro os día de choiva. Neste espazo plantéxase organizar prazas de aparcamento sobre zonas verdes preparadas para soportar os coches. Deste xeito, completando a arboreda cunha iluminación complementaria, sanearase a explanada.
Inténtase diversificar o uso: puntualmente pódese usar de aparcamento os días de actividade deportiva e, nas restantes ocasións, pódese converter nunha zona de xogo ou paseo.