| |
O Pleno da Corporación do Concello de Chantada, na sesión ordinaria do día 31/07/2009, acordou aprobar inicialmente o expediente nº 314/101/2009 de “Modificación puntual do PXOU de Chantada”, e someter o expediente a información pública mediante a publicación dun anuncio no DOGA e en dous xornais da provincia, para que durante o prazo dun mes poidan examinarse os devanditos documentos nas dependencias municipais e formularse as alegacións e observacións pertinentes.
O que se publica en cumprimento do artigo 86 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Chantada, 31 de xullo de 2009
O ALCALDE
Manuel Anxo Taboada Rodríguez |