
|
CHARLA DE NADAL
Dende a Oficina Municipal de Información ó Consumidor e ante a época do ano na que estamos, ofrecemos unha charla para o venres 25 de novembro ás 17:30 horas onde se nos informará dos seguintes temas:
- Descubrir os parámetros de seguridade á hora de comprar e utilizar adornos de Nadal eléctricos.
- Distinguir os xoguetes daqueles produtos que non o son, segundo o Real Decreto 880/1990, de 29 de xuño sobre a seguridade dos xoguetes.
- Coñecer as características especiais dos coches teledirixidos e os posibles riscos da súa incorrecta utilización.
- Coñecer as recomendacións pedagóxicas sobre os xoguetes en función da idade.
- Profundar sobre os dereitos e deberes das persoas consumidoras ante as compras no Nadal.
INSCRICIÓN
Para que esta charla se leve a cabo é preciso inscribirse na Casa da Cultura ata o xoves 24 de novembro ás 13 horas, xa que debe haber un número mínimo de asistentes para que un experto do Instituto Galego de Consumo nola veña impartir.
Ó mesmo tempo que se dará a charla é factible que haxa un taller para pequenos, así tódolos pais que desexen asistir á charla pódeno facer e deixar os nenos durante o tempo da charla nun taller infantil.
Ámbalas dúas actividades faranse na Casa da Cultura, e é imprescindible a prescrición tanto dos adultos coma dos nenos.
|
|
|
 |