|
Exposición de Isauro González Pereira
O venres 1 de abril a partir das 19:00 h, estará aberta ó público e durante todo o mes, unha selección de pinturas de Isauro González Pereira.
A exposición consta de 12 óleos, catro acrílicos e 8 debuxos, as obras teñen unha temática variada pero fundamentalmente intimista e con figuras femininas. Esta exposición xa recorreu anteriormente Xinzo da Limia e Verín, a pesar de que leva 25 anos pintando, ata este momento regalaba ou vendía tódalas obras por iso non ten feito máis exposicións.
O autor só se decide a expoñer as súas obras en lugares nos que o une un forte sentimento.
|