|
A Casa da Cultura de Chantada acolle a mostra Ríos de Galicia. Tesouros da Vida, unha exposición que consta de 50 instantáneas realizadas polo prestixioso fotógrafo submarino José Luis González ó longo de 15 anos de traballo nos máis diversos e recónditos paraxes da xeografía galega.
A través das súas lentes, este fotógrafo capta imaxes sorprendentes que reflicten o bullicio da vida que se agocha nos ríos galegos.
Desde o 8 de outubro ata o 1 de novembro
|