|
|
 |
|
| .: Principal |
 |
 |
 |
 |
| |
A SECRETARÍA XERAL DO BENESTAR PON EN MARCHA O PORTAL WWW.BENESTARGALIZA.ORG PARA INFORMAR SOBRE TODAS AS ACTUACIÓNS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS
- A páxina web diríxese á cidadanía en xeral e aos profesionais e
traballadores dos servizos de benestar
- Divídese en catro grandes apartados:
• Autonomía persoal
• Inclusión social
• Infancia e adolescencia
• Xuventude e solidariedade
Contidos
No novo portal pódese atopar información sobre todos os plans e programas que se desenvolven dende a Administración autonómica, así como información sobre as prestacións ás que calquera persoa ou colectivo pode acceder, con acceso a documentos, normativas e procedementos para a súa presentación.
Existe ademais un exhaustivo sistema de acceso á documentación de textos normativos e lexislación, á que se acceder tanto por temática de interese como polo seu ámbito xeográfico de actuación.
|
|
|
|
|
|