mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Concello :: historia
ÍNDICE
  1. De castros e brigancios
  2. Outros vestixios arqueolóxicos
  3. O castro Candaz
  4. O nome de Chantada
  5. É tempo de invasores
  6. A colonización monacal e a pegada do románico
  7. O explendor do monacato en terras de Chantada
  8. Señoríos e Nobleza
  9. Lendas, mitos, crenzas e miragres
  10. Edificacións significativas máis recentes
  11. A historia continúa...
    11.1. As partidas carlistas
    11.2. Pequenas pinceladas
    11.3. As feiras de Chantada: factor de dinamización
            social e económica
    11.4. Folklore e etnografía popular
    11.5. Os comezos da prensa chantadina
    11.6. De temas políticos

    11.7. Un percorrido pola Chantada de comezos
            do século XX
    11.8. Progreso á vista
  12. Hai poucos anos
  13. Algunhas personaxes ilustres

11.7. Un percorrido pola Chantada de comezos do século XX
  Non cabe ningún tipo de dúbida de que Chantada mudou en gran medida o seu tecido ou trama urbanística. Aparte de medrar tanto en número de habitantes como en número de edificacións, as rúas máis antigas tamén mudaron de aspecto. Realizaremos unha pequena viaxe ó pasado co fin de familiarizarnos co aspecto da vila do Asma aló por comezos do século XX.
ampliar
Casona de Lemos
    O centro neurálxico de Chantada concentrábase no casco vello. Estaba conformado por distintos espazos físicos que, na súa grande maioría, sobreviviron ós avatares do tempo. Na praza do Mercado atopábase e atópase a Casona de Lemos, símbolo de tódolos chantadinos. Falamos da Casa-Forte máis antiga do noso municipio (s. XVI) que albergaba no seu seo unha afamada librería de gran calado nos círculos culturais da vila pois alí se establecían foros de debate entre estudantes e profesionais. Estaba rexentada por don Paulino Mariño, do que se di que era cego e coxo dunha perna. Aparte deste negocio, don Paulino facía as veces de pregoeiro a cambio dunha pequena recompensa de índole económica; segundo contan as xentes da vila, esta peculiar persoa sempre comezaba os seus discursos co berro de “aviso al público”. A citada Praza do Mercado foi nun tempo o supermercado da vila pois a maior parte dos alimentos que mercaba a xente para consumir atopábanse neste lugar. Este aspecto aínda subsiste dalgún xeito a día de hoxe xa que nos días de Feira a Praza acolle gran número de postos que ofertan na súa gran maioría, variados produtos hortofructícolas.
  voltar ó índice
ampliar
Rúa Dous de Maio na casco antigo
ampliar
Praza do Cantón
    Paralela a esta praza situábase e sitúase a rúa Principal, na actualidade denominada Dous de Maio, que é unha magnífica mostra do pasado señorial de Chantada. Foi a comezos do pasado século cando diversas personaxes nadas neste espazo decidiron dedicar a súa traxectoria vital ó mundo relixioso; este dato, que pode parecer puramente anecdótico, ven referendado polo feito de que esta rúa tamén era coñecida co nome de eclesiástica, precisamente por este feito. Outro dos espazos emblemáticos de Chantada era O Cantón do que se pensa que un día foi sede da Fortaleza de Chantada. Era por estas datas o lugar máis emblemático da vila e centro das celebración das romaxes da Virxe do Carme e de San Antón. En certo modo, esta praza aínda conserva ese halo especial que é unha mestura de historia, cultura e festa. A escasos metros do Cantón sitúase a afamada Plazuela cuxa construción pertence a épocas moito máis recentes que a dos emprazamentos citados con anterioridade. Allea ó casco histórico, foi a arteria arredor da cal se achegaron ate a vila as primeiras estradas de importancia das que sabemos que a primeira en construír foi a vía que comunica Lugo con Ourense. Con posterioridade abriuse a estrada que comunicaba A Gudiña con Lalín, que deu lugar á emerxente Avenida de Monforte.
Sigamos adiante co relato. Aló polo ano de 1928 Chantada era centro de numerosas obras. Rematárase en tal data a estrada que saíndo de Chantada conducía ó viaxeiro ata a histórica vila de Monforte de Lemos. Tortuosa no seu percorrido foi durante longos anos unha arteria de comunicación importantísima de Chantada con outros núcleos de Galicia e España. Tamén por este tempo estaba a piques de ser rematada a estrada que conducía ata a ribeirá parroquia de Nogueira. Cómpre lembrar que moitas das aldeas chantadinas, as cales son a razón de ser da dispersión poboacional existente no noso concello, estaban pouco o mal comunicadas. Seguindo co tema das obras comentar que a vila tamén era centro das mesmas; estábase a levar a cabo a construción dos sumidoiros amais da traída de augas polo que a maioría das rúas se atopan levantadas co prexuízo que este feito ocasionaba os viandantes e comerciantes de Chantada. Esta situación levou a comisión de festas a queixarse diante das autoridades do estado no que se atopan as distintas vías polas que debía de transcorrer o afamado Folión de Carros.
No 1930 produciuse na nosa vila a apertura do Banco Pastor, entidade bancaria de orixe galega con fonda presenza no país. Neste mesmo ano tamén se levou a cabo a inauguración do tendido da rede telefónica que había de converter a Chantada tres anos despois (1933) en cabeceira de liña. A modernidade estaba chegando con contagotas a nosa comarca.
  voltar ó índice
ampliar
ampliar [+]
Encoro de Belesar, na actualidade
ampliar
O ncoro dende Pesqueiras
11.8. Progreso á vista
  De menor turbulencia, sen dúbida algunha, son os temas tratar neste apartado. De entre as múltiples visitas de personaxes ilustres ó noso concello pódese salientar a realizada, no mes de Xaneiro do ano 1923, polo Inspector Xeral do Corpo de Enxeñeiros Españois, don Pedro García Faria. Será neste intre cando de comezo o proxecto que ha de situar un encoro sobre o río Miño no noso municipio. O potencial que ofrecía esta corrente de auga era moito; á fronte dos traballos situouse o afamado arquitecto don Francisco Carrera, que era por aquel entón Xefe de obras públicas nas posesións españolas do Golfo de Guinea. O proxecto que tiña en mente García Faria resumíase do seguinte xeito: unha primeira presa disporíase augas arriba de Pincelo (actual aldea do concello de Chantada) e da confluencia do arroio Covas ó Miño. A segunda presa estaría en fronte do antigo cenobio románico de Santo Estevo, e a derradeira das tres proxectadas situaríase en Pena Lagar. O orzamento que se tiña pensado inverter neste proxecto roldaría os cento quince millóns de pesetas.

ampliar
ampliar [+]
Telefonistas de Chantada no anos 80
    Noutra orde de cousas, mencionar un acordo redactado no seo da Deputación Provincial que tivo amplos beneficios para a vila de Chantada. Nel, este organismo decidiuse acoller ós beneficios concedidos polo proxecto de Telefonía Nacional; isto aconteceu un 4 de Marzo do ano 1917. O Estado encargaríase de construír unha rede telefónica provincial, sendo a carga económica para os concellos e para a Deputación Provincial insignificante. Decidíronse crear dez centros provinciais sendo Chantada sede dun dos mesmos. Tamén se constituíu unha subcentral sita en Vilanova de Lourenzá amais de diversas estacións municipais como foron as de Escairón, Taboada ou Carballedo, entre moitas outras. A rede telefónica proxectada tería unha extensión de 1.474 quilómetros ; o orzamento do tendido roldaría as 814.271 pesetas das cales o Estado aboaría 797.985 pesetas con 58 céntimos; o resto, 16.285 pesetas con 42 céntimos, satisfaríano a Deputación máis os concellos interesados.

web desenrolada por novodesenho créditos