O Camiño Sur
Segundo os historiadores o
Camiño Sur ou tamén chamado “
caniño de inverno” foi unha ruta empregada principalmente como vía comercial e percorrida tamén polos peregrinos xacobeos na procura de rutas alternativas para evitar obstáculos como a neve nas zonas montañosas polas que atravesaba a ruta, como é O Cebreiro.
Esta rota Xacobea en Galicia comeza en
Valdeorras, segue por
Quiroga e cruza os concellos de
Ribas de Sil,
Pobra de Brollón,
Monforte de Lemos,
Sober,
Pantón o
Saviñao e
Chantada, logo enlaza co concello pontevedrés de
Rodeiro, despois
Lalín, así ata un total de once municipios antes de chegar a
Santiago.
Para dar a coñecer este traxecto xacobeo, os representantes de asociacións relacionadas con esta ruta como camiño como a
“Asociación dos Camiños a Santiago por la Ribeira Sacra” así como os concellos polos que atravesa xuntan esforzos con diversos proxectos e accións para conseguir que este camiño sexa recoñecido como variante xacobea perante a Xunta de Galicia.
O tramo final del
Camiño Sur circunscrito á provincia de Lugo, discorre integramente polo concello de
Chantada por espazo de algo más de 16 km.
|
|
| Calzada romana dos Codos de Belesar |
|
Superada a ponte de Belesar, unha forte pendente polos "Codos", con pavimento empedrado e altos muros de granito, permítenos ir deixando atrás os lugares de
Ponte Ermida, Follatal, Queixeiros e
Alemparte.
A tan só a catro km. do comezo chegaremos á localidade de
Chantada, o camiño discorre polas rúas porticadas chantadinas, e inicia unha leve pendente ate
Centulle e
Asma para dirixirse á
ermida de San Lucas. Atravesa la planicie da
Lucenza, e internase en
Vilaseco por pista de terra de servizo as fincas que nos conduce a
Penasillás, despois de repoñer forzas antes da pronunciada ascensión ó
Monte Faro coa súa
Ermida da Nosa Señora será o colofón ó noso deambular polo Camiño Sur da Provincia de Lugo, deixando á vista as terras de
Rodeiro e
Lalín antes de chegar a Santiago.