mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
CRDO Ribeira Sacra
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Cultura e Turismo :: festas :: feira do viño
ampliar
ampliar [+]
Fotos da Feira do ano 2004
A Feira do Viño de Chantada naceu no ano 1983, no que se celebrou a súa primeira edición, respondendo ó espírito de cambio que xurdiu no sector vitivinícola do sur da provincia de Lugo. Inaugúrase o 12 de Marzo do citado ano coa presenza de diversas autoridades. Acoden ó evento o chantadino Carlos Gilberto Otero Díaz, por aqueles tempos conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia. O encargado da lectura do pregón foi o ilustre catedrático e director do Museo do Pobo Galego don Antón Fraguas Fraguas. Segundo datos da época, o número de persoas que se achegaron ate a Feira roldou as das dez mil.

ver
Antón Fraguas Fraguas foi o pregoeiro da 1ª Feira do Viño de Chantada
 
Despois duns primeiros anos de incerteza sobre o seu futuro, aséntase como unha das feiras máis importantes da provincia, ata que na última metade da década dos anos noventa, xorde o seu despegue definitivo e convértese na Feira do Viño máis importante de todo o noroeste peninsular.
Nesta Feira, conxúgase de maneira tradicional o espírito das festas dos nosos antepasados coas máis modernas técnicas de elaboración e venda aplicables a este sector que nos últimos anos sofre un despegue non visto en ningunha outra zona de produción vitivinícola.



Cartel da primeira edición     Cartel e programa de 2006

  Artigos relacionados
 
     :. Antonio Fraguas Fraguas
       
Radio Televisión de Galicia (galego)
     :. Museo do Pobo Galego
       
Radio Televisión de Galicia (galego)

web desenrolada por novodesenho créditos