O Concello de Chantada, por acordo da Xunta de Goberno Local do día 6/11/2009 aprobou as seguintes bases para a convocatoria pública de subvencións para axuda ó transporte a estudantes:
NOTA:
Lugar de presentación:
Oficina de Información Xuvenil (Casa da Cultura) na Praza do Cantón en horario de mañá e tarde.
1.-OBXECTO.
O Concello de Chantada quere convocar unha liña de axudas ao transporte, destinada a aqueles veciños/as que cursan, fóra do termo municipal e en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, algún dos seguintes estudos:
- CICLO MEDIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
- CICLO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL
- Estudos universitarios ou de réxime especial.
- Outros estudos non impartidos en centros ofi ciais do termo municipal.
En consecuencia, quedan fora da liña de axudas os estudios de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bachalerato, por existir na actualidade centros públicos dentro do termo municipal que imparten os devanditos cursos.
2.- FINALIDADE.
A fi nalidade desta convocatoria é sufragar parcialmente o custe de traslado dos estudantes que cursen algún dos estudios sinalados na anterior base.
3.- ORZAMENTO.
O Concello de Chantada dispón das seguintes contías orzamentarias para destinar a esta convocatoria:
Partida.- 313.481.00: 12.000 €.
Importe das achegas. a conceder: As achegas a conceder, como máximo, ascenderán a un importe único de 150,00 € por benefi ciario e curso escolar
4.- DESTINATARIOS.
Poderán optar a estas subvención as persoas censadas no Concello de Chantada que cursen fóra do termo municipal algún dos estudios indicados na base primeira durante os cursos 2009/2010.
Non poderán optar a estas subvencións as persoas e entidades ás que se refi ren os artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
As solicitantes non poderán ter pendente de xustifi cación ningunha axuda anterior do Concello, a non ser que lles fora concedida unha prórroga.
5.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
5.1.- Lugar de presentación.
As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refi re o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
5.2.- Prazo de presentación.
- Solicitude de axuda ao transporte para o curso escolar 09/10: Un mes desde a data de publicación da presente convocatoria no Boletín Ofi cial da Provincia.
5.3.- Documentación integrante das solicitudes.
As solicitudes deberán achegar a seguinte documentación, de acordo cos modelos que fi guran como anexos ás presentes bases:
Anexo I MODELO DE SOLICITUDE DE AXUDA.COPIA COTEXADA DO IRPF DA NAI E DO PAI, SE FOR O CASO
Anexo II DESIGNACIÓN DA CONTA BANCARIA NA QUE SE EFECTUARÁ O INGRESO DA SUBVENCIÓN.
Deberá xuntarse copia compulsada do resgardo de matrícula no centro. Admitirase tamén certifi cado de estar matriculado no actual curso académico, expedido polo centro correspondente.
6.- RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.
A concesión das subvencións realizarase, mediante un réxime de concorrencia competitiva, e será aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.
Esta comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:
• Presidente: Tenente-Alcalde do Concello de Chantada. Delegado de benestar.
• Vocais: Concelleiro/a designado polo PP, concelleiro designado polo PSOE, concelleiro non adscrito, a Interventora municipal. Na comisión actuará como secretario/a, sen voto, un
funcionario do servizo de secretaria.
6.1.- Valoración das solicitudes.
As solicitudes valoraranse pola comisión indicada na anterior base.
BAREMO Límite máximo de base
Nº membros impoñible por unidade familiar
1/2 10.665,93 euros
3 13.978,34 euros
4 16.751,61 euros
5 18.781,32 euros
6 20.769,77 euros
7 22.714,80 euros
8 24.619,25 euros
NORMAS ESPECÍFICAS DE VALORACIÓN:
- Cando sexan dous irmáns usuarios do bono-bus, o primeiro deles terá dereito á subvención, mentres que para o segundo a Comisión de Valoración poderá outorgala, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias e a base impoñíbel non supere os 33.202,65
euros.
- No caso de familias que teñan tres ou máis fi llos cursando estudos universitarios, todos aqueles que utilicen o bono-bus terán dereito a subvención, sempre que a base impoñible non supere os 49.752,07 euros.
- Deberá sumarse o importe das bolsas concedidas por outros organismos á base impoñible da unidade familiar.
- Para o caso de declaracións do IRPF individuais:
Deberán posuír emancipación legal ou situación domiciliar individual en Chantada, para tal efecto deberán presentar documentación acreditativa das circunstancias que aleguen. Noutro caso, sumaranse todos os ingresos da unidade familiar.
6.2.- Notifi cación e publicidade da resolución.
A resolución de concesión deberase notifi car expresamente a tódolos solicitantes de forma fi dedigna no prazo máximo de dous meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes.
Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan. De acordo co previsto no artigo 30 do RD 887/06, no mes seguinte ao trimestre natural en que se resolva a distribución de achegas ao abeiro desta convocatoria,
procederase a publicitar a relación de benefi ciarios, nos termos indicados en dita norma.
7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO:
De acordo ca súa natureza, a xustifi cación desta achega quedará acreditada polo feito de estar o benefi ciario matriculado nos estudios que en cada caso correspondan.
O Concello resérvase a posibilidade de requirir aos benefi ciarios certifi cación expedida polo Secretario do centro educativo, acreditativa de que o alumno estivera matriculado no mesmo ao longo de todo o curso académico.
8.- REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS:
As subvencións serán reintegradas nos supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003 de 17 de novembro.
9.- OUTRAS SUBVENCIÓNS OU AXUDAS:
As achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras que puideran obter os benefi ciarios doutras administracións públicas, sempre e cando o importe total do conxunto das mesmas non supere o custe da actividade ou investimento subvencionado.
10.- DISPOSICIÓN ADICIONAIS:
As persoas benefi ciarias de subvencións concedidas polo Concello quedarán obrigadas a someterse a todas as actuacións que este poida acordar para comprobar que os fi ns ós que se dedica a subvención se corresponden cos fi ns para os que se solicitara e concedera a axuda, e para comprobar se se cumpren todas as condicións esixidas para a concesión da subvención ou axuda.
Chantada, a 5 de novembro de 2009.- O tenente de Alcalde, Ildefonso Piñeiro Díaz.
|