| |
A Deputación Provincial de Lugo, dende a Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos (Unidade de Plans Especiais) ven de convocar axudas a comunidades veciñais, agrupacións ou asociación de veciños para a realización de obras de acondicionamento no medio urbano e rural como pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo e acondicionamento de capelas, fontes, hórreos, muíños, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas deportivas e outras.
Data límite de presentación das solicitudes: 30 de abril de 2010.
Máis información en : Deputación Provincial de Lugo. Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos (Unidade de Plans Especiais).
- Enderezo: Rúa San Marcos, número 8.
- Localidade e código postal: Lugo - 27001.
- Teléfono: 982.26.00.82 - 85.
- Fax: 982.26.01.67
Así mesmo poderase consultar e obter os impresos e información en:
- Na páxina web da Deputación Provincial de Lugo www.deputaciónlugo.org,
- No Concello de Chantada (Oficina do Técnico Local de Emprego).
-
Na páxina web do Concello, www.concellodechantada.org
|