| |
O Instituto Galego da Vivenda e Solo ven de publicar un decreto polo que se convocan subvencións a fondo perdido para a Rehabilitación e Renovación de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos. Así, todas as persoas que estean interesadas en acceder a este tipo de iniciativas, deberán facelo, segundo consta no propio decreto, antes do 20 de agosto de este ano.
Co fin de facilitar a todos os cidadáns e cidadás a información precisa sobre este tipo de subvencións, o Concello de Chantada pon á súa disposición a Oficina Municipal de Rehabilitación sita na rúa Calvo Sotelo 27 para todos os trámites a este respecto.
Descagar nota informativa » |