| |
A Comisión informativa de economía, facenda, réxime interior e especial de contas, na sesión do día 25/06/2009 informou favorablemente a conta xeral do concello de Chantada do exercicio de 2008.
De acordo co artigo 212 do Texto Refundido 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais, a Conta Xeral e o informe da Comisión Especial de Contas expóñense ao público por prazo de 15 días, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos u observacións.
A documentación poderá examinarse na Intervención do Concello en horario de 9.00 a 14:00 horas. |