| |
O pleno do Concello de Chantada en sesión ordinaria do día 29/06/2009 aprobou inicialmente o Organigrama xerarquizado do Concello de Chantada, a Modificación da Relación de Postos de Traballo, e o “Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ao servizo do Concello de Chantada”.
En cumprimento do disposto no artigo 169 do Texto Refundido 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais, no artigo 127 en relación co 126.3, do Texto Refundido 781/1986, do 18 de abril, das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, o expediente exponse ao público durante trinta días hábiles para que os interesados podan examinalo e presentar, ante o pleno, as reclamacións que estimen oportunas.
O expediente estará a disposición dos interesados na Secretaría do concello en horario de 9.00 a 14:00 horas. |