mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
I Carreira Popular Concellos Saudables
 
I Carreira Popular Concellos Saudables
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Xoves 19 de Xuño de 2008
   I Carreira Pupular Concellos Saudables
I Carreira Popular Concellos Saudables
Descargar folleto en pdf»
Data: domingo 29 de xuño

Hora: 11:00

Lugar: Casco urbano de Chantada

REGULAMENTO XERAL

Presentación:
O proxecto de promoción de estilos de vida saudables “CONCELLOS SAUDABLES”, impulsado pola consellería de sanidade nos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada ten o privilexio de convidalos a participar o domingo 29 de xuño a “I CARREIRA POPULAR CONCELLOS SAUDABLES” aberta a todos aqueles que desexen gozar dunha festa onde o circuíto, que percorre as rúas do concello, deixa admirar a fermosura da vila.



Obxectivo:
Fomentar a práctica da actividade física na totalidade da poboación, independentemente da súa idade e condición física.
A carreira será controlada por cronometradores e xuíces da Federación Galega de Atletismo, pero non ten unha finalidade unicamente competitiva.

Organización:
A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

Normativa:
A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta. Serán facilitados pola organización. A entrega dos mesmos realizarase nos Concello de Carballedo e Taboada o Xoves 26 de xuño de 11.00 A 13.30, e nel de Chantada o venres 27 de xuño de 11:00 a 13:00 e pola tarde de 17:00 a 19:00. Tamén o domingo no lugar da carreira a partir das 10:00 da mañá ata as 10:45.
Quedarán descualificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
Ao longo da carreira a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

Percorrido:
A saída das probas darase na rúa Xoán XXIII.
Marcará o percorrido un vehículo da organización na cabeza do grupo. Así mesmo estará sinalado en cada punto quilométrico e indicado con sinalizacións.
Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.

Premio:

Tódolos participantes da carreira recibirán unha camiseta ata esgotar existencia.

Hora de saída e distancias a percorrer de cada proba:

Hora Proba Idade Distancia
11:00 Carreira de pitufos 2 a 5 anos 100 m.
11:10 Carreira corta 6 a 11 anos 460 m.
11:20 Carreira  media 12 a 15 anos 1070 m.
11:30 Carreira popular 16 en adiante 7.100 m.
12:30 Andaina 16 en adiante 3.350 m.


Inscricións:
A inscrición e totalmente GRATUÍTA para tódalas categorías. Poderá facerse dende a publicación desta nota seguindo algunha das opcións:

  • No Concello de Chantada, Carballedo e Taboada: de luns a venres
  • Dende as 9:00 ata as 14:00
  • Por teléfono: 628223471 (de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00)
  • Por Fax: 982462102
  • Por correo electrónico: concellosaudables@hotmail.es


IMPORTANTE: Inscrición ata o 28 de xuño.
As inscricións deberán facer constar obrigatoriamente os seguintes datos persoais:

  • Nome e apelido
  • DNI o pasaporte
  • Licenza federativa e club (se é atleta federado)
  • Data de nacemento
  • Sexo
  • Localidade
  • Teléfono de contacto


Participantes:
Os participantes deberan colocarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba.

Seguro da carreira:

Os atletas que non teñan ficha federativa están cubertos por unha póliza de seguro de accidente e responsabilidade civil, que cubrirá o tratamento das lesións como consecuencia directa do transcurso da carreira

Ambulancia:
Haberá un servizo de ambulancia nas proximidades do circuíto.

Os tempos serán publicados na páxina www.correrengalicia.org, para poder mellorar na próxima carreira tes que prepararte!!!

Haberá:
Autobús gratuíto para os corredores de Taboada e Carballedo que queiran participar.
Pinchos ao finalizar a actividade.
Premios e sorteos para tódolos participantes





  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos