O
Concello de Chantada organiza o Concurso para elixir o
cartel anunciador das Festas Patronais de Chantada de 2008.
BASES
1. As obras deberán ser orixinais, con técnica libre incluíndo o lema:
CHANTADA FESTAS PATRONAIS DO 22 Ó 26 DE AGOSTO DE 2008
2. Establécese un único premio, para a obra seleccionada, que logo será o cartel anunciador do programa de festas, dotado coa cantidade de 300€.
3. Os participantes neste concurso deberán ter en conta á hora da realización dos seus traballos que o cartel gañador deberá ser adecuado para poder estampar posteriormente en tea.
4. As obras presentaranse con pseudónimo e acompañaranse cos datos do autor nun sobre pechado ata o 30 de xuño do presente ano, na Casa da Cultura de Chantada.
5. O xurado estará composto por un grupo de persoas relacionadas co eido da cultura
6. O cartel premiado quedará en poder do Concello que se reserva o dereito de publicalo sen máis compromiso que o de nomear ó seu autor. As outras obras presentadas quedarán na Casa da Cultura, para celebrar unha exposición durante o mes de setembro, ó remate da cal, os seus autores deberán recollelas no prazo dun mes, unha vez transcorrido ese tempo os traballos pasarán a ser propiedade da organización.
7. O xurado, de consideralo oportuno podería deixar deserto o premio.
8. A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases.