mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

    :: Mércores 14 de Novembro de 2007
  
  Convenio con Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivenda
convenio vivenda
 
A Consellaría de Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivienda asinan acordos con 32 concellos para financiar obras de rehabilitación con un investimento de 30,3 ME.

A subvención aportada polas Administracións públicas ascende a 17,6 millóns de euros: Consellería 6,4 m €, Goberno central 7,02 m €, concellos 4,14 m €, e o resto é aportado polos particulares.

As 1.098 novas actuacións están distribuídas en 14 Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) e 24 Áreas de Rehabilitación de Centro Histórico (ARCHs). No primeiro grupo están o Barrio da Graña (Ferrol), Neda, Mugardos, Padrón, o Barrio de Vista Alegre (Santiago), Chantada, Lourenzá, o Barrio do Sagrado Corazón (Lugo), Sarria, Vilalba, Cangas, o Barrio de Estribela (Pontevedra), o núcleo de Carril e o núcleo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). No segundo grupo, ARCHs, están A Coruña, Betanzos, Corcubión, Ferrol, Muros, Noia, Santiago, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Viveiro, Allariz, Castro Caldelas, Celanova, Ourense, Ourense-Seixalbo, Ribadavia, Verín, Cambados, Poio-Combarro, Tui, Vigo, Vigo-Bouzas.

Ademais, a Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, destina unha partida de 1,9 millóns de euros á financiación das oficinas de rehabilitación dos 32 concellos que contan con Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) e Áreas de Rehabilitación de Centro Histórico (ARCH). O obxectivo é contribuír a dotar ás oficinas dos recursos económicos necesarios para desenvolver plenamente o seu labor como instrumento técnico e de información, asesoramento e incentivación das actuacións nas Áreas de Rehabilitación. O Ministerio aporta unha cantidade de 91.300 euros con cargo á anualidade 2007 para a financiación destas oficinas.

A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, salientou que o Departamento autonómico ten na rehabilitación unha das súas principais liñas de traballo e “Galiza é exemplo dentro do conxunto do Estado”, subliñou Táboas, quen incidiu en que “mellorar a calidade das vivendas é unha maneira de mellorar a calidade de vida dos seus residentes”, de aí o importante esforzo inversor en materia de rehabilitación. “A rehabilitación permite un desenvolvemento sustentábel xa que supón a recuperación do patrimonio construído, sen necesidade de seguir invadindo territorio con novas edificacións se podemos recuperar as existentes”, subliñou Táboas.

  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos