Durante a segunda quincena de
agosto e o mes de
setembro estarán expostas na
Casa da Cultura de Chantada unha vintena de fotografías de distintas dimensións do fotógrafo chantadino
Rodrigo Fernández López (Roi).
O artista móstranos nesta exposición unha selección de imaxes sobre a paisaxe da montaña da Galicia Oriental e da ribeira do Miño. Con esta mostra quere dar un toque de atención á vulnerabilidade desta fermosa paisaxe da que aínda podemos gozar pero que podemos estragar.
Inauguración
Venres 21 de agosto
Ás 20:30 horas.