mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Martes 27 de Maio de 2008
   Exposición Rostros de Mulleres na Casa da Cultura
A Atlantida
Dende o 27 de maio e ata o 16 de xuño teremos na Casa da Cultura de Chantada a exposición Rostros de Mulleres.

Esta exposición móstranos a través de 27 fotografías, rostros de mulleres do mundo, de diferentes culturas, idades e realidades que comparten inquedanzas e desafíos na súa loita cotiá contra a pobreza e a discriminación de xénero.

Esta exposción está organizada polas ONGS: Axuda en Acción, InteRed e Entreculturas.

As fotografías desta exposición foron cedidas por María Dolores Moreno Lafuente. Os encargados de mover a exposición e da montaxe pola xeografía galega é Axuda en Acción, é esta unha ONGD independente, aconfesional e apartidista que ten como misión mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas, as familias e comunidades en países e rexións pobres, a través de proxectos autosostibles de desenvolvemento integral e actividades de sensibilización. A súa finalidade última é a de propiciar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza. Actualmente está presente en 19 países de tres continentes: Asia, África e América.




  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos