mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Martes 6 de Xullo de 2010
   “Exposición Itinerante "Incisións" na Casa da Cultura”
A Área de Cultura da Deputación de Lugo, con motivo do 75 Aniversario do Museo Provincial, programou
un amplo abano de actividades que incluíu numerosas mostras e exposicións periódicas de artistas galegos e internacionais.

O Museo Provincial encargoulle ao artista Ignacio López o comisariado do proxecto “Incisións” que consistiu na elaboración dunhas carpetas de gravados executados por artistas plásticos e gravadores lucenses.



Con este proxecto que implicou a colaboración de 26 artistas, á parte de crear un imperecedoiro obxecto artístico conmemorativo da efeméride do Museo, quíxose tamén poñer ao dispor do público un
testemuño histórico- cultural de actualidade e de incalculable valor e riqueza, que agora toma corpo e se fai visible na exposición Incisións —que presenta os 26 gravados, realizados con distintas técnicas e as
correspondentes pranchas.

Lugar
Casa de Cultura de Chantada
Do 6 ao 29 de xullo de 2010

Horario
De luns a venres: de 17.30 a 21 h.
Martes, venres e sábados: de 10,30 a 14 horas.


ARTISTAS
Mónica Alonso
Francisco Amat
Boente
Quique Bordell
Alejandro Carro
Santiago Catalán
Espiral
García-Gesto
Roberto González Fernández
Guerreiro
Honorio
Sara Lamas
Lomartí
Macía
Luis Moscardó
Senén Olano
J. Otero-Yglesias
Elena Pendás
Juan Miguel Prada
Xermán Refojo
Mª José Santiso
Isabel Somoza
Bernardo Tejeda
Vázquez Cereijo
Vieiro
Ignacio López


  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos