http://porno.dreammovies.com/video47004/sultry_Anetes_casting
mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Xoves 22 de Xullo de 2010
   Festival Via Stellae en Chantada - Concerto de Isabel Rei
A muiñeira de Chantada

Dentro do V Festival Via Stellae terá lugar en Chantada a actuación da guitarrista estradense Isabel Rei na Igrexa Parroquial.


ISABEL REI guitarra
Galicia no Atlántico: os países celtas e o Brasil
obras de Gismonti, York, Maxwell-Davies, Viana, Villa-Lobos


Sábado 24 xullo
Igrexa Parroquial de Chantada
21:00 H.


O Festival Via Stellae programou por primeira vez un concerto na localidade de Chantada e é este ademais o último dos tres concertos neste Camiño do Inverno (ruta que acolle tamén por primeira vez concertos deste festival). Tras os concertos no Barco de Valdeorras e en Monforte, tócalle a vez a Chantada. cuxa Igrexa Parroquial acollerá o recital da guitarrista estradense a véspera do Apóstolo, o sábado 24 de xullo (21:00).
Baixo o título Galicia no Atlántico: os países celtas e o Brasil, o programa de Isabel Rei alterna música de ambos lados do océano e a obras tradicionais galegas e irlandesas, autores ingleses (Peter Maxwell Davies) e portugueses (Alfredo Viana "Pisinguinha") suceden composicións dos brasileiros Egberto Gismonti e Heitor Villa-Lobos.

A guitarrista estradense Isabel Rei Sanmartín foi galardoada en concursos internacionais de guitarra de Cantabria, Roma, Alacante e Xaen, e atesoura unha dilatada experiencia como recitalista de guitarra e actualmente é mestra no Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.



  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos