mapa web contacta co concello páxina principal
galego
 
 
 
 
 
 
 
 
 
o tempo en chantada
 
novas
 
fotografias
 
xornais
 
Carteleira de cine en Galicia
 
buzón de suxerencias
 
Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas
 .: Principal :: novas

   :: Xoves 8 de Maio de 2008
   Programación Letras Galegas da Biblioteca Pública Municipal    de Chantada
ampliar
Como tódolos anos por estas datas está aberto o prazo para o concurso de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2008", na súa fase local dacordo coas seguintes bases:


1.
Poden participar tódolos nenos con: * Narracións en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, co tema xenérico "O mar"
* Debuxos, feitos en cartolina de tamaño aproximado DIN A4, co tema anterior, "o mar"

2. Cada autor pode presentar tódolos traballos que desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos personais.

3. Establécense 3 categorías: A ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C de 12 a 16 anos.

4. O prazo de presentación dos traballos rematará o venres 16 de maio, debendo ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5. O xurado, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de 3 traballos.

6. Os premiados na fase local pasarán á fase provincial e competirán con tódolos traballos gañadores nas bibliotecas municipais da provincia. Este Certame está convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

7. O fallo do xurado local farase público o venres 23 de maio.

 ----------------------------------------------------------------------------------------
Obradoiro literario
O 23 de abril ás 17:30 horas, levamos a cabo na biblioteca un obradoiro literario que consistiu en que os rapaces se converteron en ilustradores, e baseándose na colección dos Bolechas van de viaxe, que fai Pepe Carreiro, creamos o libro "Os Bolechas van de viaxe á Chantada", libro que os rapaces ilustraron, e nel plasmaron os lugares de Chantada que eles lles ensinarían. Este exemplar está exposto na biblioteca. Tódolos participantes na actividade levaron un conto de agasallo, como conmemoración do Día do Libro.

-----------------------------------------------------------------------------------------
A hora do conto
A partir do xoves 24 de abril e durante tódolos xoves ata o 12 de xuño terá lugar "A hora do conto", a partir das 17:15 horas, durante estas xornadas teremos varias persoas convidadas, actualmente temos confirmada a presenza de dúas persoas maiores da Residencia da 3ª Idade, as cales se encargarán nuha sesión de contarlles contos ós rapaces de tradición horal.

-----------------------------------------------------------------------------------------

Obradoiro de poesía para rapaces
O 8 de maio a poetisa Antía Otero levará a cabo un obradoiro de poesía para rapaces de 6 a 10 anos.

-----------------------------------------------------------------------------------------

Xornada de portas abertas
O venres 16 de maio, como xa levamos facendo dende hai varios anos, terá lugar unha xornada de portas abertas dende ás 10 ata ás 20 horas, coa intención de que tódolos interesados poidan participar nunha lectura en voz alta dalgunha obra de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado nesta ocasión o día das Letras Galegas. Para este día convidaremos a tódolos centros de ensino de Chantada para que, de estar interesados participen na actividade, para o cal deben poñerse en contacto coa biblioteca para reservar hora.

-----------------------------------------------------------------------------------------

Presentación do libro "Punver" de Yolanda Castaño
Como colofón a estas actividades teremos o xoves 12 de xuño a polifacética Yolanda Castaño, quen nos visitará para presentar o seu libro Punver, o cal acadou os primeiros postos na lista de venda de libros en galego, onde se nos presenta unha historia en verso para nenos sen límite de idade. O libro ilustrado por Eduardo Hermida dá un aire fresco á porsía e á narración infantil. É moi recomendable para os que conciben a poesía como un xénero aburrido condenado á minoría lectora.
As visitas de Antía Otero e Yolanda Castaño están subvencionadas pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, dentro da programación de Letras Vivas Creación.




  Enlaces relacionados
 
 
 
web desenrolada por novodesenho créditos