A Oficina Rexional para Europa da OMS, baseándose nas iniciativas de Cidades Saudables, e tendo en conta as experiencias dos plans de sanidade ambiental locais e os programas da Axenda 21 existentes nalgúns países europeos, decidiu apoiar ás entidades locais e rexionais para acadar os obxectivos do desenvolvemento sostible; sendo esta unha oportunidade máis, de concienciar os concellos galegos da importancia de asumir esta filosofía na súa xestión, a través da posta en marcha do
PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2006, que leva consigo:
- Un primeiro nivel de actuación: de formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, e de todos os axentes sociais implicados na tarefa de protexer e conservar o medio ambiente, a través da realización do XXVII Curso de Saúde Ambiental en Chantada, co obxectivo de contribuír a mellorar a xestión e as condicións de vida dos cidadáns das Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa.
- Un segundo nivel de actuación: de participación cidadá, a través da realización de conferencias-coloquio e unha exposición sobre o medio ambiente natural galego, co obxectivo de propiciar a participación activa de toda a cidadanía das Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa.
- Unha recomendación: que os concellos adquiran o compromiso de adhesión á Carta de Aalborg e inicien o desenvolvemento da Axenda 21 Local, levando a cabo como primeiro paso un diagnóstico ambiental, para coñecer cal é a situación real existente da que se parte, coa finalidade de adoptar as medidas correctoras pertinentes que permitan corrixir as deficiencias detectadas.
Co fin de abordar e debater algúns dos problemas prioritarios que teñen as Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa, organízase este curso que, está deseñado de acordo cos principios da Carta Europea sobre Medio Ambiente e Saúde, e a Carta de Aalborg cara á sostibilidade, e dirixido a todos aqueles que traballan ou están interesados no medio ambiente. Finalmente, destacar a necesidade de unir esforzos por parte de responsables políticos, empresarios, científicos, educadores, profesionais, comunicadores, ecoloxistas, así como a participación activa dos cidadáns, en prol de conseguir un medio ambiente saudable para todos os galegos, mellor legado para xeracións vindeiras.
Prof. Dr. Francisco José Peña Castiñeira (*)
RESPONSABLE PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2006
| Descargas |
| Descargar Programa |
 |
|
| Descargar Boletín de Inscrición |
 |
|
|
- P R O G R A M A -
16,00 h.
ACREDITACIÓN E ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN DO CURSO.
16,30 h.
ACTO INAUGURAL DO CURSO, a cargo de D. Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, alcalde de Chantada; representantes de Caixa Galicia, organismos, entidades e empresas colaboradoras.
16,45 h.
CONFERENCIA INAUGURAL:
“Radiografía ambiental de Galicia: propostas de mellora”.
PROF. DR. D. FRANCISCO JOSÉ PEÑA CASTIÑEIRA
18,00-18,30 h.
Maridaxe de viños da D.O. Ribeira Sacra con queixo da D.O. Arzúa-Ulloa, ofrecido polos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Arzúa-Ulloa.
18,30 h.
MESA REDONDA I: “As necesidades enerxéticas en Galicia e a súa axeitada utilización como xeradoras de desenvolvemento sostible: prevención e loita contra o cambio climático”.
MODERADORA:
Dª. MARÍA JOSEFINA VÁZQUEZ DÍAZ
Presidenta da Asociación Profesional de Técnicos Superiores en Saúde Ambiental da Provincia de Lugo.
RELATORES:
• “As enerxías renovables en Galicia: situación actual e perspectivas de futuro”.
DRA. Dª. ROSA NÚÑEZ PARDO DE VERA
Técnico do Departamento de Enerxías Renovables e Servizos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).
• “A enerxía eólica como fonte enerxética inagotable non contaminante”.
D. ALBERTO SÁNCHEZ FERNÁNDEZ
Departamento de Promoción Enerxética de GALICIA VENTO.
• “Os dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro: cumprimento do protocolo de Kioto”.
D. ANGEL LAGARES DÍAZ
Xefe de Medio Ambiente de UNIÓN FENOSA.
16,30 h.
MESA REDONDA II: “A empresa ante o reto ambiental do século XXI: a súa contribución ao desenvolvemento sostible de Galicia”.
MODERADOR:
D. JESÚS OVIDIO PÉREZ REÑONES
Delegado CEL Zona Sur.
RELATORES:
• “A certificación medioambiental: un compromiso necesario na sociedade actual”.
Dª. MARÍA VICTORIA MARTÍNEZ PASSARO
Xerente Zona Noroeste Centro de Certificación de APPLUS+.
• “A realidade dos sistemas de xestión medioambiental en Galicia: a experiencia de AENOR”.
D. JOSÉ ENRIQUE RODRÍGUEZ COELLO
Auditor Xefe de Sistemas de Xestión Medioambiental de AENOR en Galicia.
• “A industria enolóxica na Ribeira Sacra e o medio ambiente”.
D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.
• “Desenvolvemento sostible no medio rural galego”.
D. GABINO VÁZQUEZ FERNÁNDEZ
Presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
• “A producción de sidra e aguardente de oruxo en Galicia”.
D. ELADIO NÓVOA VAAMONDE
Director da Fábrica Sidrería Gallega.
• “A experiencia de Arotz nos mercados alimentarios internacionais: implantación das certificacións BRC e NOP”.
D. JESÚS QUINTÁ GARCÍA
Director de Arotz Galicia.
10,00-14,00 h.
Viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra (Belesar - Illa de Sernande - Belesar).
16,30 h.
TEMA 1: “Importancia dos sistemas de abastecemento hídrico e de saneamento en relación coa saúde pública e o medio ambiente: vixilancia e control sanitario das augas de consumo humano e depuración das augas residuais urbanas”.
PROF. DR. D. FRANCISCO JOSÉ PEÑA CASTIÑEIRA
17,30 h.
MESA REDONDA III: “A calidade das augas en Galicia: elemento crítico para o desenvolvemento”.
MODERADORA:
Dª. ISABEL SÁNCHEZ BLÁZQUEZ
Profesora do Módulo “Augas de Uso e Consumo” do Ciclo Superior de Saúde Ambiental – IES “Daviña Rey” de Monforte de Lemos.
RELATORES:
“Plan de saneamento de Galicia 2000-2015: a súa aplicación nas Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa.PROF. D. FRANCISCO ALONSO FERNÁNDEZ
Subdirector Xeral de Programación e Proxectos de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Profesor da Universidade de Vigo.
• “Xestión do ciclo integral da auga: experiencias nalgúns municipios galegos”.
D. HENRY LAÍÑO LÓPEZ
Xerente de Zona Galicia Este de Aquagest.
• “Eficacia das plantas depuradoras compactas e prefabricadas na depuración de augas residuais domésticas para pequenos núcleos de poboación”.
D. RAMÓN JAVIER SÁNCHEZ CONDE
Departamento de Desarrollo de SMA-Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A.
D. GONZALO ALFONSÍN SOLIÑO
Departamento de Medio Ambiente de Facet Ibérica, S.A.
10,00-14,00 h.
VISITAS PRÁCTICAS
• Estación de Tratamento de Augas Potables municipal de Chantada, xestionada por Aquagest.
• Paseo fluvial e recuperación do río Asma.
• Estación Depuradora de Augas Residuais municipal de Chantada, xestionada por Aquagest.
• Ecoplanta de residuos urbanos de Chantada.
16,30 h.
TEMA 2: “Xestión integral dos residuos urbanos en Galicia”.
PROF. DR. D. FRANCISCO JOSÉ PEÑA CASTIÑEIRA
MODERADOR: D. MODESTO BAANANTE VÁZQUEZ
Presidente da Asociación de Empresarios de Chantada.
17,30 h.
MESA REDONDA IV: “A xestión dos residuos en Galicia: situación actual e perspectivas de futuro”.
RELATORES:
• “Xestión dos residuos industriais en Galicia”.
D. JUAN MOGIN DEL POZO
Director Técnico do Grupo Toysal.
• “Xestión dos residuos gandeiros. Valorización agronómica de lodos de depuradora”.
D. SEVERIANO ÓNEGA ARES
Asesor Técnico de Agroamb, S.L.
• “Problemática ambiental das explotacións gandeiras: posibles solucións á xestión dos residuos”.
Dª. Mª CRUZ OTERO MIGUÉLEZ
Técnico de Xestión de Axudas Agroambientais e Xestión de Explotacións da Cooperativa ICOS, S.C.G.
• “Apuntes sobre a sensibilización cidadá en materia de xestión dos residuos urbanos: teoría e praxis”.
D. JESÚS COTELO CASTIÑEIRA
Consultor do Departamento de Medio Ambiente de Applus Norcontrol, S.L.U.
10,00 h.
TEMA 3: “A xestión ambiental na Administración Local de Galicia”.
PROF. DR. D. FRANCISCO JOSÉ PEÑA CASTIÑEIRA
11,00 h.
MESA REDONDA V: “Posta en común sobre a problemática ambiental das Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa: posibles solucións”.
MODERADORA:
PROFª. DRA. Dª. MARÍA JULIA MELGAR RIOL
Profesora Titular de Toxicoloxía e Vicedecana da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo.
RELATORES:
• “Novas perspectivas da implantación da Axenda 21 Local en Galicia cara ao desenvolvemento sostible”.
D. JOSÉ REGA PIÑEIRO
Xefe do Servizo de Promoción da Sostibilidade da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.
• “Reserva da Bioesfera Terras do Miño. A xestión medioambiental na zona núcleo. Programa Life-Natureza 2000. Lic Parga-Ladra-Támoga: mellora de bosque inundable e lago distrófico”.
DRA. Dª. LAURA VÁZQUEZ JANEIRO
Coordinadora do Programa Life-Natureza do Inludes - Deputación Provincial de Lugo.
• “O compromiso medioambiental dos Paradores da Ribeira Sacra co turismo sostible”.
D. JULIO CASTRO MARCOTE
Director dos Paradores de Monforte de Lemos e Santo Estevo.
• “Ferramentas de sostibilidade aplicables á xestión municipal”.
D. JULIÁN MAYOR BALVÍS
Xefe do Departamento de Medio Ambiente, Calidade e Prevención de Riscos Laborais de Novotec Consultores, S.A..- Dirección Rexional Noroeste-Galicia.
• “Proceso de elaboración da Axenda 21 Local: a experiencia do Concello de Monforte de Lemos”.
D. JOSÉ TOMÉ ROCA
Teniente Alcalde e Concelleiro Delegado de Medio Ambiente, Deportes, Tráfico e Obras Rurais do Concello de Monforte de Lemos. Deputado do Parlamento de Galicia.
Representantes dos concellos participantes.
13,30 h.:
ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS ACREDITATIVOS, e a continuación servirase un cóctel, con productos da zona e viños da D.O. Ribeira Sacra, ofrecido pola Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño.
- I N F O R M A C I Ó N X E R A L -
OBXECTIVOS
- Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.
- Establecer un foro de debate e estudo que trate a situación medioambiental das Comarcas de Chantada, Deza, Quiroga, Terra de Lemos e da Ulloa, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sostibilidade.
DESTINATARIAS/OS
- Técnicas/os, funcionarias/os e responsables políticos da Administración Local, Provincial e Autonómica, que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados coas áreas obxecto de estudo.
- Profesorado de ensino secundario, formación profesional e universitaria que desenvolva a súa actividade ou estea relacionado coas áreas obxecto de estudo.
- Técnicos superiores en saúde ambiental, en química ambiental, en traballos forestais e de conservación do medio natural, e de xestión e organización dos recursos naturais paisaxísticos, etc.
- Técnicos e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
- Profesionais libres (farmacéuticos, médicos, veterinarios, químicos, biólogos, enxeñeiros, arquitectos, avogados, economistas, xeógrafos, psicólogos, sociólogos, licenciados en ciencias do mar, diplomados en relacións laborais, diplomados en enfermería, etc.) que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
- Estudantes universitarios relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
- Estudantes dos ciclos formativos de grao superior de saúde ambiental, de química ambiental, de traballos forestais e de conservación do medio natural, e de xestión e organización dos recursos naturais paisaxísticos, etc.
METODOLOXÍA
- Exposición por parte do profesorado e relatores do contido teórico do curso co apoio de medios audiovisuais (power point), coa presentación de relatorios técnicos e casos prácticos nos que tamén intervirán activamente o propio alumnado amosando as súas experiencias.
- Realización de visitas prácticas ao medio natural e a instalacións de interese medioambiental e sanitario.
- Mesas redondas (5).
- Exposición sobre: “O medio ambiente natural galego”.
NÚMERO DE PRAZAS E DEREITOS DE INSCRICIÓN
- Número de prazas: estará limitado a 60, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
- Cota de inscrición: 30 €.
- Forma de pagamento: o aboamento efectuarase mediante transferencia bancaria ou entrega en efectivo na oficina de Caixa Galicia, situada na Avda. Monforte, 14 – 27500 Chantada (Lugo), nº de conta: 2091 0114 20 3040013581, especificando o nome e apelidos da persoa inscrita.
- Forma de inscrición: cubrir o boletín de inscrición, que deberá achegar co xustificante do pagamento, e presentarase/enviarase por fax/correo á Secretaría Técnica do Curso. O prazo de inscrición abrirase o luns día 3 de abril, fixándose a data límite para formalizar a inscrición o venres día 21 de abril ás 14,00 horas.
DOCUMENTACIÓN
- Entregarase un maletín de cartón reciclado coa publicación do libro do curso e material didáctico diverso.
DIPLOMA ACREDITATIVO E CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
- O alumnado que participe con regularidade nas sesións programadas do curso, que consta de 30 horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo de asistencia.
- A Universidade de Vigo (UV) concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso.
- Solicitude de 1 crédito de libre configuración á Universidade de Santiago de Compostela (USC) (en tramitación).
SÉ, DATAS E HORARIO
- Sé: salón de actos da Fundación Residencia Tercera Edad (Avda. de Lugo, 52 – 27500 Chantada).
- Datas: do 24 ao 28 de abril de 2006.
- Horario: de 16,30 a 21,00 horas (de luns a xoves). O mércores e xoves (de 10,00 a 14,00 horas) terán lugar unhas visitas prácticas (opcionais) e o venres (de 10,00 a 14,00 horas) terá lugar a xornada de clausura do curso.
S E C R E T A R Í A T É C N I C A X X V I I C U R S O D E S A Ú D E A M B I E N T A L
Coordinadores: Elsa Hermida Torres / Jesús Ledo Cores
F U N D A C I Ó N C O M A R C A L C H A N T A D A
Praza de España, 11
27500 Chantada (Lugo)
Tel.: 982 44 11 81
Fax: 982 45 40 24
E-mail: fchantada@comarcasdegalicia.com