Ofertas de Emprego Público
EN CURSO
Bolsa de Emprego de Técnicas-os de Turismo para Futuras Contratacións cando o Requiran as Necesidades do Servizo do Concello de Chantada.
Expte: 459/2025
O posto referido está adscrito á Concellería de Turismo do Concello de Chantada, sendo o seu cometido: a xestión e promoción turística a nivel de infraestruturas públicas ou privadas, a atención á oficina de turismo no horario establecido e cantas funcións se lle encomenden dentro do seu cometido e as que se adapten ou correspondan coas xa mencionadas, sexan por necesidade ou suxestión da Concellería de Turismo, Alcaldía ou organización municipal.