Chantada atópase no sur de Lugo e no centro de Galicia
Como chegar dende os aeroportos galegos
Estacións nas localidades próximas a Chantada
Estacións de autobuses de Chantada e máis próximas
Comunicacións por estrada e taxis de Chantada
O Camiño de Santiago tamén pasa por Chantada
Elixe o teu restaurante e desfruta da gastronomía e dos viños de Chantada
Coñece a nosa variada gastronomía e os nosos saborosos viños
Descubre produtos elaborados no concello de Chantada
Citas gastronómicas que teñen lugar durante o ano en Chantada
A pé pola Vila de Chantada descubrindo os seus encantos
En coche cara ao encoro pasando por Pesqueiras e Belesar
Cara aos Peares vendo igrexas románicas, adegas e miradoiros
Cara a Monforte de Lemos, viñedos, miradoiros, adegas...
Viñedos en bancais, miradoiros, adegas, sendeirismo...
Paisaxes de montaña, igrexas románicas, miradoiro do Faro...
CONTACTO
Praza do Mercado s/n
27500 Chantada, Lugo
HORARIO
Luns a Venres
10:00 a 14:00
16:00 a 18:00
Luns a Venres
09:00 a 15:00
Sábados, Domingos e Festivos
10:00 a 14:00
Sábados
10:00 a 14:00
O Entroido Ribeirao é un dos entroidos máis antigos de Europa. O seu nome, ribeirao, provén da zona de ribeira onde aínda se festexa. En concreto, na parroquia de Santiago da Riba.
Celébrase en catro xornadas: domingo lambedoiro, domingo corredoiro, domingo de entroido e martes de entroido. Durante o seu transcurso recréase a escena do cobro das rendas señoriais, onde participan os Volantes (=señores), os Peliqueiros ou Maragatos (=gardiáns) e os Mecos (representan os oficios).
Os Peliqueiros abren paso coas súas correas aos Volantes, os cales portan na cabeza os puchos de grandes dimensións, decorados con vistosas flores e cintas de cores, denominadas colonias. Visten traxe amarelo e vermello e un cinto repleto de campaíñas do gando. Os Peliqueiros cóbrense con pelicas e farrapos, mentres zoscan a quen moleste aos Volantes. Finalmente, os Mecos encárganse de representar escenas satíricas sobre os oficios e roles sociais.
Enlaces
Foi declarada Festa de Interese Turístico en 2002 e Ben de Interese Cultural en 2018.
Integrada no calendario das Festas Patronais de Chantada, é unha das exaltacións etnográficas máis destacadas da Península Ibérica.
O Folión de Carros é unha celebración de orixe descoñecida na que diferentes pandillas representan escenas antigas ligadas coa cultura da comarca de Chantada: traballos agrícolas (malla, sementeira, fiadeiro, etc.), oficios e labores relacionados coa transformación de todo tipo de materia (panadeiros, canteiros, carpinteiros, ferreiros, etc.), celebracións festivas (baile da vela, romaría do San Lucas, romaría do Faro, etc.), actividades comerciais e produtivas tradicionais (feiras, fábricas, locais de envasado, cafés, etc.), ou varias destas en conxunto.
As pandillas crean elas mesmas as estruturas sobre soportes móbiles (carros tradicionais ou plataformas de ferro) que despois desfilan polas rúas de Chantada, tiradas por unha xugada de vacas ou bois, a noite do Folión nun ambiente marcadamente festivo.
Enlaces Relacionados nesta Web
Enlaces