Saímos dende Chantada, por LU-533, cara a Monforte de Lemos discorrendo en paralelo ao curso do río Asma, antes da súa desembocadura no río Miño.
O percorrido lévanos á zona de viñedos, cunha impresionante panorámica das ladeiras de bancais, onde se cultiva a vide, para a elaboración de viño, pertencente á D.O. Ribeira Sacra. Durante o percorrido atoparemos varias adegas que é posible visitar.
Tras pasar unha área de descanso, un desvío condúcenos ata a ponte de San Fiz, nun percorrido sinuoso onde o viñedo é o protagonista. Tras cruzar a ponte, desviámonos á dereita para continuar cara á aldea de Belesar.
Desde este lugar poderemos realizar unha ruta fluvial, polo río Miño, no encoro dos Peares.
Continuamos en dirección á ponte de Belesar que deberemos cruzar. Unha vez na outra beira, temos a posibilidade de realizar a Ruta dos Viñedos de Belesar PRG-183 ou percorrer parte do Camiño de Inverno, a través da calzada romana dos Codos de Belesar.
Se optamos por regresar á vila de Chantada, podemos continuar pola estrada LU-P-1804 realizando a ruta Belesar por LU-P-1801 en sentido oposto. De camiño, atópase o miradoiro de Líncora.
Servizos Turísticos Relacionados
Contidos Relacionados na Web
Enlaces Externos