CHANTADA TURISMO
VEN
DESCUBRE COMO CHEGAR
Como chegar a Chantada dende os principais aeroportos galegos en autobús, tren e en coche.
Onde está Chantada

Chantada é cabeceira de comarca, coa que comparte nome, integrada tamén polos concellos de Taboada e Carballedo. Localízase en Galicia, ao suroeste da provincia de Lugo.

Limita ao norte con Taboada, ao sur con Carballedo, ao leste co Saviñao e Pantón, e ao oeste coa provincia de Pontevedra.

Os seus límites naturais son a Serra do Faro (oeste) e o río Miño (leste).

Situación:
42º 36′ 36″ N
7º 46’16” W

Superficie:
176,7 km2

Como Chegar

Aeroportos de Galicia

Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro – SCQ (92 km)
Aeroporto da Coruña-Alvedro – LCG (157 km)
Aeroporto de Vigo-Peinador – VGO (133 km)

Máis información

Estacións de Tren máis próximas

A menos de 32 km atópase a estación de tren máis próxima, situada en Monforte de Lemos, e a tan só 37 km a estación de Ourense. Ambas as dúas conectadas con Madrid, así como coas demais cidades galegas.

Venda de billetes

Estación de Autobuses de Chantada

Estación de Chantada
(a 500 m do casco urbano)

Liñas regulares desde Chantada

Monbús

Chantada – Lalín – Santiago
Chantada – Lugo

Chantada – Ourense
Chantada – Monforte

Arriva

Chantada – A Coruña

Liñas das Estacións de Autobuses máis próximas a Chantada

Estación de Ourense (37 km)

Liñas dende Ourense

Ourense – Chantada
Ourense – Vigo

Ourense – Barcelona
Ourense – Bilbao

Estación de Monforte (32 km)
Parada de Taxis de Chantada

As principais cidades galegas atópanse a menos de 157 km do concello de Chantada: A Coruña (157 km), Santiago (92 km), Vigo (133 km), Ourense (37 km) e Lugo (58 km).

De feito, Chantada é o nexo de conexión entre Ourense-Lugo e Santiago-Monforte.

Principais accesos por estrada

Desde Santiago de Compostela: AP-53, PO-533 e CG-2.1.
Desde A Coruña: A-6 e N-540.
Desde Vigo: A-52 e N-540.
Desde Lugo e Ourense: N-540.
Desde Monforte de Lemos: CG-2.1 e LU-533.

Camiño de Inverno

O Camiño de Inverno, itinerario do Camiño de Santiago, é outra opción para vir a Chantada.

A ruta atravesa as catro provincias galegas e ao seu paso polo noso concello percorre espazos de grande interese paisaxístico e patrimonial.