Esta ruta parte da aldea de Belesar e percorre a beira do río Miño. Trátase dun percorrido sinxelo, con moi pouca pendente, no que se alternan zonas de viñedos con bosques de castiñeiros e de carballos.
Durante a época da vendima o traballo nos viñedos dálle un encanto especial ao percorrido.
Un ou dous meses máis tarde, co outono, o colorido das viñas e das follas das árbores crean unha estampa única.
Servizos de hostalaría en Belesar.
Aloxamento e Centro de Saúde en Chantada.
Desde Chantada tomar a LU-533 cara a Monforte. Desviarse tras cruzar a ponte sobre o río Miño en dirección Belesar. O carreiro comeza á beira da ponte de Belesar.
Aínda que dispón de varios paneis informativos e algúns sinais, non é suficiente para completar o percorrido. É recomendable levar plano ou un GPS.
Belesar, viticultura heroica.
Servizos Turísticos Relacionados
Contidos Relacionados na Web
Enlaces Externos

Este pequeno percorrido discorre por varias pistas de terra cubertas de carballos e castiñeiros.
O camiño lévanos até a igrexa de Santa María de Pesqueiras, unha xoia do románico escondida entre os castiñeiros, e á que só se pode acceder por esta ruta.
Ademais desta igrexa, poderemos gozar de boas vistas sobre o Río Miño e atravesaremos varias zonas de viñedos.
Aloxamentos, restauración e Centro de Saúde en Chantada.
Desde o encoro de Belesar, subir cara A Eirexe e a uns 800 m atopardes un cartel a Santa María de Pesqueiras.
A ruta carece completamente de sinalización, aínda que se trata dun percorrido moi sinxelo é necesario levar plano ou un GPS.
Igrexa de Santa María de Pesqueiras, Castiñeiros centenarios, viticultura heroica.
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas