Granxa familiar é un proxecto formado por familias produtoras que promove o consumo de produtos galegos baseados na agricultura natural, non industrial, e de calidade. Os seus clientes teñen a posibilidade de achegase ás granxas para coñecelas polo miúdo.

En Chantada contamos con varias empresas dedicadas á produción de queixos e outros derivados lácteos, entre os que destacan a manteiga e o doce de leite.
En Chantada contamos con varias empresas dedicadas á produción de queixos e outros derivados lácteos, entre os que destacan a manteiga e o doce de leite.
Chantada conta con varios fornos de panadería nos que se elaboran pan e empanada, esta última unha icona gastronómica do municipio. Tamén aquí, prodúcense as galletas mariñeiras, unha adaptación moderna do “pan de barco”.
As panaderías e confeiterías da vila están repletas de doces, entre os que destaca a tradicional torta de améndoa. Tamén contamos con novas elaboracións como as confeituras de froitas que, xunto co doce de leite, pódense adquirir en tendas especializadas.
Entre os produtos doces naturais destacan o mel, resultado da diversidade floral do concello, e as cereixas, froita que abunda na ribeira do Miño grazas ao cálido microclima da zona.
Pedrafita
Mel de Sillán
Pedrafita
Mel de Sillán
A castaña é un dos froitos máis senlleiros de Galicia. Pódense comer crúas, cocidas, asadas ou doces. Ademais, coa fariña de castañas elabóranse pans, pasteis e cremas.
Nos últimos anos, a recuperación de receitas tradicionais e outras innovadoras deron un novo pulo ao sector.
O municipio de Chantada dispón dun tostadeiro de café situado ao norte da vila, cuxo agradable aroma recende na contorna.
Xunto cos afamados viños pertencentes á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, atopamos outras bebidas alcólicas elaboradas nas adegas e destilerías do municipio. Destacan a augardente, os licores variados e a sidra ecolóxica.