A romaría celébrase no santuario situado na cima do Monte Faro, a 1.155 m de altura.
Existen dúas celebracións para honrar á Virxe do Faro, unha delas o 15 de agosto e a outra o 8 de setembro, que é cando se festexa a romaría principal.
Os actos litúrxicos teñen lugar nas inmediacións da ermida, nun altar ao aire libre, debido á grande afluencia de fieis.
Os oficios relixiosos comparten protagonismo coa celebración lúdica.
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas
Enlaces
Contidos Relacionados

O San Lucas é unha romaría campestre que se celebra o 18 de outubro no castro de San Amaro, situado na freguesía de San Xillao do Mato.
Sobre o castro edificouse unha pequena capela dedicada a San Lucas, reformada no século XVIII. O seu interior custodia un retablo de estilo barroco.
Centos de romeiros, principalmente veciños do municipio, acoden en outubro a este lugar para honrar ao San Lucas.

A Feira das Cabras celébrase durante as festas na honra ao patrón da parroquia de Merlán, San Cibrán.
A súa orixe está asociada á tradición vinícola da zona, onde era costume fabricar odres de pel de cabra para transportar o viño desde os lagares da ribeira ata as casas.
Ademais, a carne de cabra consumíase cocida durante a época de vendimas. A cabra supoñía un importante motor económico para a parroquia, a través da súa venda directa ou mediante os produtos asociados a ela.
Esta festa mantén a tradición e contribúe á recuperación en Galicia da raza autóctona de Cabra Galega.