-
19
a. C
(5.000 - 2.500 a.C.)
Os sitios arqueolóxicos máis antigos dos que temos constancia no municipio datan da Época Neolítica. Trátase das mámoas, enterramentos de terra e pedra en cuxo interior se atopa a cámara funeraria, sendo o seu máximo expoñente o dolmen. Neste sentido, a Serra do Faro confórmase como unha gran necrópole coas mámoas do Monte de Seoane (Laxe) e Prado Vello (O Monte), entre outras.
(2.500 - 1.800 a.C.)
Tamén contamos con achados prehistóricos da Idade do Cobre coma unha aixola de pedra do Castro de Santa Uxía ou unha maza triangular de cuarcita atopada no Castro de Centulle e que atesoura o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. Esta última peza, que podería tratarse dunha maza cerimonial, pesa 435 gramos e conta cun burato no centro para meter o mango.
Castro de Centulle
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Castro de Santa Uxía
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
(1.800 - 800 a.C.)
Da Idade do Bronce conservamos varios petróglifos, gravados en pedra con formas abstractas e xeométricas. O petróglifo das Lamelas (Merlán) mostra un gran número de coviñas que flanquean dúas combinacións circulares, unha delas non habitual na contorna. Desta época é un machado de bronce de dobre anel atopado en 1939 no lugar de Souteirás, na freguesía de Pesqueiras.
Merlán
(800 - 19 a.C.)
Con todo, os xacementos que proliferan no municipio son os castros, erixidos durante a Idade do Ferro, perfectamente recoñecidos na contorna polo seu gran tamaño. Configúranse como recintos fortificados con dimensións e formas diversas, empregados, principalmente, como lugares de hábitat. Erguéronse en zonas elevadas, con alto dominio visual sobre a contorna, e dotábanse de murallas, fosos e parapetos defensivos.
Existe unha ampla presenza en practicamente todas as parroquias; algunhas como San Fiz ou Líncora contan con máis dun exemplo no seu territorio. Son senlleiros na zona o Castro de San Sebastián en San Salvador de Asma, Castro Candaz en Pedrafita ou Castro de Abeleda en A Grade, onde se atopou un torque de ouro actualmente en paradoiro descoñecido.
Pedrafita
Interpretación:
LARI
BVS
VIAL(ibus)
Imaxe antiga, peza en paradeiro descoñecido
Xacemento de Pedregal de A Grade
Museo Provincial de Lugo
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Quintá de A Grade
Arriba: Coroamento con 3 foculi.
Abaixo: Frontal coa inscrición:
L(aribus) V(ialibus) P(osuit)
C-O [–]
[—] E
X VOTO
Museo Provincial de Lugo
Xa en época histórica, coa anexión a Roma, xorde a provincia de Gallaecia. Destes tempos conservamos xacementos romanos que corroboran a ocupación destas terras a partir do século I a. C. Foi un período de aculturación durante o cal se seguiron utilizando algúns castros, aínda que, grazas ao ius Latii (dereito latino) moita poboación pasaría a instalarse paulatinamente nos vales, ao carón das terras fértiles. Ademais, construíronse vías de comunicación, así como villaes para a explotación agropecuaria.
Roma foi estendendo a súa rede viaria para a que precisou pontes, coma as construídas en Belesar e A Ponte sobre as augas dos ríos Miño e Asma, respectivamente. Destas estruturas non conservamos restos, xa que foron substituídas co paso do tempo.
Interpretación:
LARI
BVS
VIAL(ibus)
Imaxe antiga, peza en paradeiro descoñecido
Pola contra, si perdura o trazado do camiño dos Codos de Belesar, pertencente a un ramal que unía a vía Lucus Augusti-Aquis Querquennis, ao seu paso por Chantada, co castro Dactonio. Nesta ramificación, na aldea de Belesar, achouse en 1941 unha ara dedicada aos Lares Viales, deuses romanos dos camiños e das encrucilladas. Outra ara similar descuberta no xacemento de Pedregal en Quintá de A grade, forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo.
con 3 foculi
Quintá de A Grade
Interpretación:
L(aribus) V(ialibus) P(osuit)
C-O [–]
[—] E
X VOTO
Museo Provincial de Lugo
Neste mesmo lugar descubríronse restos de edificacións, unha canalización, moedas de bronce, fragmentos de cerámica, tégulas etc. Unha terceira ara descuberta na freguesía de Adá gárdase no Museo Diocesano Catedralicio de Lugo.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo
Xacemento de Pedregal de A Grade
Museo Provincial de Lugo
A vía Lucus Augusti-Aquis Querquennins adentraríase no municipio dende o sur pola freguesía de Pereira, despois continuaría por San Salvador de Asma onde, no lugar das Cabadas, se conservan restos dun tramo de agger (terraplén elevado que formaba parte da calzada romana). O trazado seguiría pola vila de Chantada en dirección aos Pilos e Basán Pequeno, cara a Merlán, Sabadelle e Pedrafita, coincidindo, nalgúns tramos, co Camiño Real.
a. C
411
d. C.
O declive do Imperio Romano favoreceu a entrada e establecemento de pobos centroeuropeos no seu territorio. Deste xeito, no ano 411 d.C., chegarían os Suevos ao noroeste peninsular e fundarían o primeiro reino de Galicia. Aínda hoxe podemos atopar no municipio multitude de topónimos de orixe sueva como Esmoriz, Mariz, Axulfe, Bermún, Sernande etc. Tamén a eles debemos a distribución territorial actual. A finais do século VI os visigodos anexionaron o devandito reino aos seus dominios da Península Ibérica.
Á marxe dos numerosos mitos que relatan batallas lendarias, queremos destacar a importancia que desde a Baixa Idade Media tiveron os mosteiros na zona. Nun inicio tratábase maioritariamente de comunidades familiares e dúplices que, co paso do tempo e as influencias da Reforma Gregoriana, foron transformándose en mosteiros “ao uso” e acolléndose á regra bieita. Eran posuidores de grandes extensións de terra e gozaron de beneficios, froito de doazóns particulares e privilexios reais. O mosteiro de San Salvador de Asma (fundado no século X), rexido por monxes bieitos, foi o máis poderoso da comarca.
San Salvador de Asma
San Salvador de Asma
Ao longo da Idade Media a nosa paisaxe muda drasticamente. Da man das comunidades monásticas difúndese a arte románica e iníciase un proceso de explotación intensiva da terra. Así, procédese á construción dos bancais nas ladeiras dos ríos para o cultivo da vide (como aínda podemos ver no Miño) e á plantación de grandes masas de castiñeiro nas zonas altas, para alimentar a unha poboación en alza.
Arcos - Chantada
Con todo, a terra tamén era propiedade dos nobres, con quen os mosteiros se atopaban en constante conflito. As disputas pola posesión de ditas terras e outros bens eran frecuentes, derivando en preitos dos que conservamos abundante documentación. Como testemuña das torres e casas fortes medievais que abundaban no municipio só se mantén en pé a torre de Arcos, situada a 9 km da vila.
Arcos - Chantada
Na actual praza do Cantón, localizábase o alcázar, casa forte e fortaleza de Chantada, nun inicio propiedade da casa de Lemos, que despois sería gobernada por dona Joana das Seixas, filla do encomendeiro Vasco Gómez das Seixas. No século XVI a propiedade pasa a mans do marqués de Astorga. A pesar da súa relevancia, deste emblemático edificio non quedan apenas vestixios, xa que as pedras foron aproveitadas polas familias nobres de Chantada para a construción das súas casas, como demostran as columnas que loce a actual Casa da Cultura.
Praza do Cantón, Chantada
Os Reis Católicos marcaron un antes e un despois na nosa historia. Os monarcas promulgaron unha importante reforma que afectou directamente aos mosteiros, anulando a súa independencia. Ao mesmo tempo, iniciaron un proceso de castelanización da nobreza coa imposición e establecemento de aristocracia foránea.
"Don Frey Álvaro da Pena (último abade do mosteiro de San Salvador de Chantada antes da Reforma) afora a Juan Mercador, á súa muller Inés Pérez e a dúas voces máis (xeracións) o lugar de Boán, polo pago dun moio de centeo, dous marabedís por dereituras e outros dous por lutuosa"
Arquivo do Reino de Galicia
San Salvador de Asma
Arcos
Arcos
Praza do Cantón, Chantada
"Don Frey Álvaro da Pena (último abade do mosteiro de San Salvador de Chantada antes da Reforma) afora a Juan Mercador, á súa muller Inés Pérez e a dúas voces máis (xeracións) o lugar de Boán, polo pago dun moio de centeo, dous marabedís por dereituras e outros dous por lutuosa"
Arquivo do Reino de Galicia
Trala reorganización administrativa do século XVI Chantada convértese en cabeceira do señorío laical, contando con vinte e nove parroquias, sete cotos e a xurisdición de Asma.
Chantada
Pouco a pouco iníciase o proceso de abandono das torres fortificadas para construír os pazos e as casas grandes, dos cales se mantén en pé unha ampla mostra. Na vila consérvase a Casa de Lemos datada no século XVI, a Casa do Marqués de Valladares, a Casa do Marqués de Bendaña; e nas inmediacións, a Casa grande de Basán de mediados do século XVIII.
Outras edificacións senlleiras son a Casa de Suatorre en Arcos, da familia de Fernández de Temes, a Casa do Piñeiro en Pesqueiras, que foi propiedade de don Pedro Vázquez Varela, a Casa forte de Sobrado en Pedrafita e a Casa forte de Mouricios, de Miguel Rodríguez Guerra.
Pesqueiras - Chantada
Cos grandes nobres fóra do escenario, xorde unha nova clase social, a fidalguía. Esta pasaría a exercer de intermediaria entre o campesiñado e os grandes poderes, establecendo un sistema de rendas, foros e taxas, para xestionar as terras.
Arcos - Chantada
S. XVI
S. XVIII
Ao longo do século XVIII Chantada é unha excelente produtora de viño, castañas, centeo, algo de trigo e gando. Con todo, no seguinte século, a súa principal industria estaría relacionada coa lencería.
A raíz das Cortes de Cádiz suprimíronse os morgados e as xurisdicións mediante a creación de municipios. Así, Chantada pasaría a ser concello, establecendo a capital de partido xudicial na súa vila.
San Salvador de Asma, Chantada
San Salvador de Asma, Chantada
A finais do século XIX sofre unha das emigracións máis altas de Galicia. Esta situación prolongarase ao primeiro terzo do século seguinte e os anos de posguerra. Calcúlase que entre 1900 e 1963 emigraron 7.512 veciños e, en todo o partido xudicial, desde 1901 a 1930, o número ascendería a 14.350 persoas. Como consecuencia, xeráronse grandes fortunas xurdindo, así, a célebre Banca de Soto, fundada por Benito de Soto Linares na segunda metade do século XIX, cuxo edificio aínda se conserva no casco vello da vila. Grazas ao impulso económico dos emigrados e algúns retornados promovéronse importantes industrias de curtidos, lactocárnicas e, xa en época recente, vinícolas. Estas últimas aínda moi presentes na actualidade.
Chantada
Chantada
A finais do século XX o sector primario irá perdendo importancia en favor do sector servizos; as pequenas explotacións gandeiras minguan dando paso a explotacións agrícola-gandeiras de maior tamaño e ao cooperativismo.
A cooperativa ICOS, actualmente integrada en Aira, é o máximo expoñente deste fenómeno na nosa comarca.
Neste contexto cobra grande importancia o sector servizos, cuxa actividade medrou en gran medida nos últimos anos. Así pois, xorden novas necesidades na poboación que favorecen a transformación do tecido económico e social da vila de Chantada.
- ALCORTA IRASTORZA, Enrique J. e CARNERO VÁZQUEZ, Mª Ofelia, Arqueoloxía 1990-2005, Museo Provincial de Lugo, Lugo, 2010.
- ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Yolanda, LÓPEZ GONZÁLEZ, Luis Francisco, MONTERO RUÍZ, Ignacio e ROVIRA LLORENS, Salvador, “Datos sobre el tesorillo tardorromano de monedas de El Pedregal (Chantada, Lugo)”, Boletín del Museo Arqueológico Nacional 24-25-26, (2006/07/08), páxs. 99-107.
- CAMPO FERNÁNDEZ, Luis, Casas hidalgas de Saviñao, Chantada y de otras tierras, Venus, A Coruña, 1979.
- DELGADO GÓMEZ, Jaime, El Románico de Lugo y su provincia, tomos II e IV, Editorial Edionasa,1996.
- FIGUEIRAS RÍO, Almudena, Modernización dunha Comunidade do Rural Galego: Análise antropolóxica das iniciativas vinculadas co concello de Chantada, Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Guntín, 2009.
- FORMOSO LAMAS, Manuel, Apuntes para la historia de Chantada, Marceliano Tabarés Impresor, Madrid, 1905.
- GÓMEZ MONTERO, Ángel, Chantada, Corazón de Galicia, Editorial Everest, A Coruña, 1991.
- GÓMEZ VILA, Javier, “Dedicatorias a los lares viales en la provincia de Lugo”, Gallaecia 23, (2004), páxs. 135-154.
- MARTÍNEZ MIRA, Isidro, “Tesorillos del s. III d.C. en la Península Ibérica (IV)”, Lvcentvm XXVI, (2007), páxs. 265-297.
- MÉNDEZ PÉREZ, José, GONZÁLEZ López, Tamara e OTERO EIRIZ, Claudio, A comarca de Chantada no século XVIII. Economía e sociedade, Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Guntín, 2021.
- MÉNDEZ PÉREZ, José, OTERO PIÑEYRO MASEDA, Pablo S. e ROMANÍ, Miguel, El Monasterio de San Salvador de Chantada (siglos XI-XVI). Historia y documentos, Editorial CSIC, Madrid, 2016.
- MÉNDEZ PÉREZ, José, “O “Alcázar, Casa Fuerte y Fortaleza” de Chantada: unha memoria esvaecida da que ninguén se lembra”, Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño Medio, Tomo IV, (2018), páxs. 193-205.
- MÉNDEZ PÉREZ, José, “O topónimo de Chantada: apuntes históricos e clarificación”, Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño Medio, Tomo II, (2016), páxs. 221-270.
- MIGUÉS, Vítor Manuel, Pousas e Fidalgos no Miño Medio. Arquitectura, territorio e sociedade nos solares da Terra de Chantada, Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 2004.
- OTERO PEDRAYO, Ramón (dir.), Gran Enciclopedia Gallega, Santiago de Compostela, Volume VIII, 1974.
- SEIJAS VÁZQUEZ, Avelino, Chantada y el Señorío de los Marqueses de Astorga, Chantada, 1966.
- VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel, Fortalezas de Lugo y su provincia, tomos I e III, Deputación de Lugo, Lugo, 1967.
- VV.AA., Crónicas Chantadinas, Deputación de Lugo, Lugo, 2004.