Igualdade
Igualdade
Anterior
Seguinte
Plan de igualdade
Plan de igualdade e contra a Violencia de Xénero
Anterior
Seguinte
IV Plan de Igualdade e contra a Violencia de Xénero 2026–2030

A Concellería de Igualdade do Concello de Chantada a través do Centro de Información á Muller pon a disposición dos habitantes de Chantada o IV Plan de Igualdade e contra a Vilencia de Xénero 2026-2030.

OBXECTIVOS
  • Consolidar a transversalidade de xénero na xestión municipal.
  • Impulsar a prevención e contribuír á eliminación das violencias machistas.
  • Garantir e mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero.
  • Impulsar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo dos axentes de socialización de Chantada.
  • Favorecer a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Promocionar modelos de xestión da vida familiar igualitarios.
  • Sensibilizar ao conxunto da cidadanía de Chantada sobre o necesario reparto igualitario de tempos dedicados ao traballo doméstico e aos coidados.
  • Favorecer o empoderamento e impulsar a participación social das mulleres fomentando o exercicio dunha cidadanía activa.
  • Mellorar a calidade de vida e a saúde integral das mulleres, en especial as que se atopan en risco ou situación de vulnerabilidade social.
  • Promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos ámbitos da cultura, o deporte, o turismo e o lecer.

Únete coa igualdade!

ENLACES E DESCARGAS

CONTACTO

ENDEREZO

Edificio de Servizos Múltiples, 2º andar
Travesía de Galicia, 1
27500 Chantada

TELÉFONO

982 46 22 99

HORARIOS

Atención Xurídica
Luns a Venres

8:30 a 14:30

Atención Psicolóxica
Luns, Martes e Mércores

9:30 a 14:00

Os horarios aquí reflectidos poden sufrir variacións, para maior seguridade, consulte nos medios de contacto facilitados.

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca