O Concello de Chantada a través da Concellería de Igualdade está a iniciar, coa colaboración e asesoría técnica de SENES CIT SL, o proceso de avaliación do III Plan de Igualdade e a elaboración do IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello.
A avaliación e a elaboración dun Plan de Igualdade Municipal é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas
Neste marco de colaboración, as opinións das cidadás e cidadáns son de grande importancia, por este motivo, solicitamos a túa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida e que deberá ter sido enviada antes do 21 de xuño de 2025
Grazas pola túa colaboración!
Calquera dúbida ou consulta que desexes realizar podes facelo no teléfono 682 684 288 ou no correo electrónico proxectos@senescit.com (Paloma Seijo, técnica de Igualdade de SENES CIT SL).
CONTACTO
ENDEREZO
Edificio de Servizos Múltiples, 2º andar
Travesía de Galicia, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 46 22 99
HORARIOS
Atención Xurídica
Luns a Venres
8:30 a 14:30
Atención Psicolóxica
Luns, Martes e Mércores
9:30 a 14:00