O Concello de Chantada implanta o servizo de recollida da materia orgánica, a través da campaña: “Recicla con cabeza, faino de Corazón”.
O colector marrón está situado na rúa, moi preto da túa casa. Ábrese cunha chave, pois o seu contido é moi valioso. Ti gardarás esa chave.
Se decides colaborar neste importante proxecto, entregarémosche tamén, de balde, un cubo doméstico marrón de 10 litros, bolsas de compostaxe para os primeiros usos e un folleto informativo.
A chave do colector marrón de rúa é o agradecemento dos que traballamos para facer un concello máis sostible e para reverter o cambio climático.
A continuación amosámosche cales son os residuos que podes tirar ao Contedor Marrón, cales son os que debes botar nos outros contedores ou depositar no Punto Limpo Municipal, nos Puntos Limpos Móbiles e os Puntos Limpos de Proximidade Móbiles.
Actuacións financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, para os anos 2022-2023.
O listado de residuos aceptados e non aceptados pode variar sen previo aviso, para maior seguridade e evitar molestias, antes de levalos ao punto limpo é aconsellable chamar ao teléfono que figura nesta páxina.
CONTACTO
ENDEREZO
Praza do Cantón, 1
27500 Chantada
TELÉFONO
982 44 00 11