Actual, Concello, Novas|

O programa chega a 100 personas dos 10 concellos participantes

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade 26/27 ao abeiro da Orde do 09 de xullo de 2026, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 138 do 24 de xullo de 2026; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Forman parte deste programa Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón,  A Peroxa, Coles, Vilamarín, Amoeiro e Chantada que constitúe a cabeceira do mesmo.

O obxectivo do programa é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral.

O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 17 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación, en caso necesario, poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.

NOME DO CURSO

MANTEMENTO BÁSICO DE LIMPEZA EN INSTALACIÓNS

CONDUCIÓN DE CARRETILLAS ELEVADORAS

ORGANIZACIÓN DO ALMACÉN

TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEROS AUXILIOS

INSERCIÓN LABORAL, SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL E NA IGUALDADE DE XÉNERO

COACHING: DESENVOLVEMENTO DE PERSOAS

HABILIDADES SOCIAIS DE ATENCIÓN AO CLIENTE NA VENDA

TÉCNICAS E COIDADOS AUXILIARES EN XERIATRÍA

SINATURA DIXITAL

PROCESO DE EMPRENDER

MANIPULADOR DE ALIMENTOS

ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR

OPERACIÓNS BÁSICAS DE CAIXA

MONITOR DE TEMPO LIBRE

O DEPORTE COMO FERRAMENTA DINAMIZADORA

ANÁLISE DE RISCOS ESPECÍFICOS NO POSTO DE TRABALLO

DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR CON AUTOCAD 3D

As persoas candidatas a participar son preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Non obstante se algunha persoa non citada está interesada en formar parte do programa, poderá acudir á selección que comezará o 2 de decembro nos concellos de Sober e Pantón, para rematar o 10 en Carballedo e Chantada.

O requisito imprescindible para todas aquelas persoas que desexen participar no programa é estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección.

Datas e horas da selección por concello:

Datos de contacto do concello promotor: Concello de Chantada, Praza de España número 1 planta baixa.

Teléfono 982440011 (extensión 1025)Técnica 1: 623539403 // Técnica 2: 623539452 // Coordinación: 623539465

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca
↑