Actual, Concello, Novas|

Acceso rápido á información turística cos novos expositores

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada comezou o outono cun importante aumento no rexistro de visitantes. Durante o pasado mes de outubro, 525 achegáronse por este servizo de atención ao visitante e ao peregrino, cun incremento do 41,5 % no número de persoas con respecto ao mesmo mes do pasado ano.

Destaca o interese dos visitantes nesta época do ano na que a paisaxe do municipio muda ás tonalidades ocres da vexetación, tanto nas zonas da ribeira como na montaña. “Este interese polo noso concello como destino turístico tamén no outono, reforza a importancia de seguir mellorando os recursos e as ferramentas de información que ofrecemos a turistas e visitantes”, explica o alcalde do concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

A este respecto, desde a Oficina de Turismo ponse á disposición dos establecementos turísticos un expositor para facilitar que as persoas visitantes teñan fácil e rápido acceso á información de interese turístico do municipio. Estes carteis expositores conteñen catro códigos QR que permiten consultar os recursos turísticos, un decálogo de boas prácticas e mapas. Inclúese unha enquisa para poder recibir valoración do visitante e poder seguir avanzando nesa mellora continua.

“Con esta iniciativa, ampliamos os puntos de acceso á información turística, facilitamos a súa consulta e apostamos por unha difusión máis sostible, reducindo a necesidade de materiais impresos e implicando aos establecementos turísticos na promoción do noso territorio”, asegura Manuel Lorenzo Varela. 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca
↑