E MERCADO DE ABASTOS
Mercado de Gando
Os días 5 e 21 de cada mes en Chantada celébranse as feiras tradicionais.
Nestes días durante toda a mañá as rúas da vila énchense de postos de venda ambulante. Nas inmediacións da Praza de Abastos e da Praza do Mercado instálanse postos tradicionais onde os veciños das aldeas do concello e arredores poñen á venda produtos agrícolas de tempada, mel, queixo, pan… e animais de curral coma coellos ou galiñas.
Tamén neses días un mercado ambulante ocupa as rúas de da vila, principalmente a Avenida Xoán XIII, a rúa Formoso Lamas e Alameda Costa Clavell rematando no Mercado Gandeiro.
O Mercado Gandeiro, dispón de pavillóns e edificios dedicados á exposición e venda de gando maioritariamente bovino pero tamén porcino, ovino, caprino, e mesmo equino, ademais de maquinaria e outros produtos relacionados coa agricultura e gandería.
O Mercado de Gando acolle tamén un pavillón cuberto onde se pode mercar o polbo á feira acompañado de pan e viño, para consumilo nas súas instalación ou para levar.
Instalacións
Subministracións
- Superficie: 6.900 m2 (naves).
-
4 Pavillóns:
- 2 pechados
- 1 aberto
- 1 de servizos. - Bar.
- Servizos públicos.
Subministracións
- Auga.
- Enerxía eléctrica.
- Saneamento.
- Climatización.
CONTACTO
ENDEREZO
Avenida dos Pilos, S/N
27500 Chantada, Lugo
TELÉFONO
982 44 01 29
HORARIO
Luns a venres
8:00 a 14:00