Grande parte da economía de Chantada fundaméntase no sector agropecuario, cunha agricultura intimamente ligada á gandería. Até os anos 70 baseábase practicamente na agricultura intensiva de policultivo dirixido a economía de subsistencia.
BÓVIDOS
Gran parte da economía de Chantada fundaméntase no sector agropecuario, cunha agricultura intimamente ligada á gandería. Até os anos 70 baseábase practicamente na agricultura intensiva de policultivo dirixido á economía de subsistencia.
A partires desta década e en parte debido á emigración deu un xiro cualitativo cara a especialización, incrementando a produción paulatinamente a medida que se foron reducindo o número de explotacións. Esta especialización gandeira contribuíu á extensión de pasteiros, forraxes e millo para a alimentación do gando vacún especializado para a produción de leite. Tamén facilitou o establecemento da industria derivada (matadoiros, empresas de transformación de leite…).
A agricultura e a gandería convertéronse nun dos expoñentes dinamizadores máis importantes para o Concello de Chantada.
A gandería e a agricultura compleméntase con outras actividades agrarias de gran transcendencia coma a produción de castañas, cereixas, mazás, queixo ou viño, este último cobrou moita importancia ao longo das últimas décadas.
Esta produción agropecuaria facilitou que co tempo aparecesen movementos asociativos coma a cooperativa ICOS, xurdida no ano 2000, constituída trala fusión doutras cooperativas coma CHATACA, MEDELA, CODIPROGA, COOFARO, etc. Posteriormente unha nova fusión entre as cooperativas AGRIS, ICOS, COGASAR, COELPLAN e AIRA, dá lugar a AIRA.
AIRA é na actualidade a sociedade líder no centro de Galicia e a súa influencia esténdese non só á comarca de Chantada, senón tamén a outros concellos lucenses coma Becerreá, Friol, Lugo, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, Sarria ou Silleda en Pontevedra.
Por outra parte cómpre salientar tamén que Chantada e a súa bisbarra son un grande expoñente en Galicia en produción ecolóxica.