Deportes
Deportes
Anterior
Seguinte
ESCOLAS DEPORTIVAS
Escolas Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Anterior
Seguinte

As Escolas Deportivas do Concello de Chantada creáronse no ano 1994.

500 usuarios únicos e máis de un milleiro de inscritos en 20 disciplinas abalan o éxito deste servizo municipal que busca promover hábitos saudables e axudar á formación integral do individuo, a través do ensino lúdico e didáctico de diversas actividades deportivas, tanto ao aire libre coma en instalacións cubertas ao dispor de nenos e nenas, adultos, xubilados e persoas discapacitadas.

Unha grande parte das actividades ofrecidas polas Escolas Deportivas de Chantada coma adestramentos, cursos, etc. realízanse nas instalacións do Pavillón Deportivo Municipal.

ACTIVIDADES E DEPORTES

Actividades para Rapaces

Actividades para Adultos

Actividades para Adultos

Deportes para Xubilados
Maiores de 60 anos

Deportes para Asociacións de Traballo e Protección Social

Deportes para Asociacións de Traballo e Protección Social

Deportes para Asociacións de Traballo e Protección Social

INSCRICIÓNS

Xa está aberto o prazo de inscrición das actividades ofrecidas polas Escolas Deportivas do Concello de Chantada ata o 31 de outubro, a partires desta data poderán facerse inscricións novas, pero non se poderá asistir ás clases ata presentar o xustificante de pago da mesma.

É obrigatorio inscribirse mediante a entrega da folla de inscrición (cuberta na súa totalidade, con letra maiúscula lexible e asinada) que está dispoñible na Casa do Concello, na Oficina do Pavillón e nesta web,

A folla de inscrición deberá ser presentada no Concello de Chantada na Oficina de Recadación ou na Oficina do Pavillón Polideportivo Municipal en horario de luns a mércores de 20:15 a 21:15, nesta última, os pagos só se poderán realizar mediante TPV .

O Concello de Chantada permite a inscrición de nenos e adultos doutros concellos sen custe adicional, nas mesmas condicións cós residentes en Chantada.

COTA

Existe unha cota única de 70€  coa que cada inscrito ten dereito a inscribirse en 3 actividades deportivas.

DESCARGAS

Novas follas de inscrición actualizadas o 09-09-2024 .

CONTACTO

ENDEREZO

Lamas Carvajal
27500 Chantada

TELÉFONO

616 53 33 39

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca