O Pump Track asfaltado de Chantada vén satisfacer a crecente demanda de deportes urbanos como o ciclismo, skate, bmx, roller e scooter. Esta instalación permite a persoas de todas as idades e niveis practicar e mellorar habilidades nunha contorna segura, converténdose nun punto de encontro tanto de residentes coma de turistas interesados no turismo deportivo e os deportes urbanos.
O Pump Track funcionará como parque infantil e espazo deportivo, brindando oportunidades para actividades recreativas e deportivas sobre rodas sen motor.
- Acceso gratuíto
- Pista asfaltada.
- Servizos públicos.
- Aparcadoiros.
- Deberase facer emprego responsable das instalacións, permitindo e respectando as quendas de uso dos distintos tipos de usuarios.
- Os menores de 12 anos deben estar supervisados por un adulto.
- É obrigatorio o uso de casco. Recoméndase o emprego de luvas e proteccións.
- É obrigatorio circular no sentido indicado.
- Recoméndase, recoñecer e analizar o circuito antes de comezar.
- Prohibido acceder con vehículos a motor.
- Prohibido acceder a pé salvo causa xustificada.
- Prohibida a entrada de animais.
- Prohibido fumar, comer e beber nas pistas
- Prohibido pintar ou marcar as pistas, provocar danos nas instalacións e tirar lixo.
-
O incumprimento destas normas suporá a inmediata expulsión das instalacións.
O uso destas instalacións supón un risco que asume cada usuario baixo a súa propia responsabilidade.
CONTACTO
ENDEREZO
Avenida dos Pilos, S/N
27500 Chantada, Lugo
TELÉFONOS
982 440 011 (Incidencias – Concello de Chantada)
091 (Emerxencias)
982 441 254 (Urxencias PAC Chantada)
657 063 779 (Policía Local)
HORARIO
Luns a venres
Sábado, domingos