Os Parques Biosaludables forman parte do Complexo das Piscinas Municipais.
Son ximnasios ao aire libre dos que dispón o Concello de Chantada e que posúen nas súas instalacións diversos aparatos para a o exercicio dos principais grupos musculares.
O Concello de Chantada dispón de 2 Parques Biosaludables:
O Concello de Chantada dispón de 2 Parques Biosaludables:
É o principal e maior dos Parques Biosaludables do concello, atópase na parte traseira das instalacións da Piscina Climatizada no casco urbano e dentro do parque e do paseo fluvial do Río Asma, con máis de 8.000 m2 de zonas verdes e espazos de lecer.
- 11 Aparatos para exercitar os principais grupos musculares.
- Acceso a bar con terraza.
- Aparcadoiros.
Os aparatos instalados nos Parques Biosaludables son de uso libre e gratuíto pero recoméndase empregalos baixo supervisión de persoal cualificado.
ENDEREZO
Serra do Faro, S/N · 27500 Chantada
O segundo Parque Biosaludable atópase nas inmediacións da ponte sobre o Río Asma, na Pontenova (estrada de Ourense), no paseo fluvial en dirección ao Sangoñedo.
- 5 Aparatos para exercitar os principais grupos musculares.
Os aparatos instalados nos Parques Biosaludables son de uso libre e gratuíto pero recoméndase empregalos baixo supervisión de persoal cualificado.
ENDEREZO
Paseo Fluvial, A Pontenova · 27500 Chantada