Autocaravanas Trotamundos é unha empresa dedicada ao alugueiro de autocaravanas totalmente equipadas. Trátase dunha alternativa para as vacacións co obxectivo de ofrecer unha experiencia única.
A empresa dispón de autocaravanas de 5, 6 e 7 prazas, e unha camper de 4 prazas.
Tamén conta con servizo de alugueiro de bicicletas.
Enlaces

As saídas do catamarán realízanse desde o embarcadoiro de Belesar. Durante dúas horas de percorrido polo encoro dos Peares, pódese admirar a paisaxe da ribeira do río Miño.
A ruta transcorre polo meandro do Cabo do Mundo, unha das iconas máis representativas da Ribeira Sacra. Ademais, desde a embarcación pódense divisar os característicos viñedos dispostos en terrazas, adegas e igrexas, algunhas de estilo románico.
Servizos Turísticos Relacionados
Descargas

Máis que Románico é unha empresa especializada en turismo cultural, cuxo centro de operacións é a Ribeira Sacra. Da man das súas guías turísticas é posible descubrir rutas únicas e diferentes neste marco incomparable.
A empresa dispón de diversas rutas regulares en temporada alta (Semana Santa e verán) e plans a medida durante todo o ano. Ademais, convoca xornadas formativas especializadas no patrimonio galego.
Sen dúbida, Máis que Románico é unha excelente opción para deixarse guiar polos recunchos máis recónditos da Ribeira Sacra.

Monte da Roda ofrece diversas actividades para desfrutar da natureza en plena Ribeira Sacra. Algúns dos seus servizos son rutas guiadas, sendeirismo, cursos de orientación na montaña, adestramento para carreiras e educación medioambiental.
Dispón dun catálogo aberto que se adapta ás preferencias e gustos dos visitantes, mediante o deseño de percorridos á carta.

Perriturismo é unha empresa especializada en plans turísticos para que desfrutes coa túa mascota na Ribeira Sacra. Traballan con algunhas das mellores empresas locais para organizar actividades únicas e sempre en grupos pequenos. Inclúen enoturismo, con degustación en adegas, visitas a espazos culturais e viaxes en catamarán.
En Perriturismo deseñan programas de día e de fin de semana (os findes perrunos), para descubrir o patrimonio natural e cultural da zona.

Quinta Sacra ofrece rutas fluviais exclusivas polo río Miño. Dispón de dúas embarcacións pneumáticas de altas prestacións con capacidade para doce e quince persoas. Tamén conta cunha barca de paso, unha embarcación tradicional de madeira, para navegar en parella ou en grupos de seis persoas.
O punto de embarque atópase no lugar de Pincelo. Desde alí, inícianse distintas rutas fluviais polos recunchos insólitos do río Miño, descubrindo paraxes de enorme valor arquitectónico e paisaxístico.

Sacra Activa brinda paseos pola Ribeira Sacra do río Miño, no seu pequeno catamarán con motor híbrido, con capacidade máxima para once pasaxeiros. Dispoñen de rutas regulares e a medida para grupos e particulares. Ademais, ofrece a posibilidade de realizar unha parada na súa acolledora adega, situada á beira do río, onde se poden degustar produtos locais, acompañados dos seus viños de colleita propia e outros de orixe galega.
As rutas regulares de Sacra Activa realízanse desde o embarcadoiro da aldea de Belesar.

Paseos en barco polo río Miño. Unha experiencia inesquecible nunha contorna natural incomparable para gozar do río Miño desde unha perspectiva única en plena Ribeira Sacra.
Coñece de primeira man o proceso tradicional de elaboración do viño ca visita guiada a unha adega, terás a oportunidade de pasear entre os viñedos, gozar da paisaxe única, coñecer as diferentes variedades de uva e degustar os nosos viños.
Enlaces