Actual, Concello, Novas|

A formación desenvolverase en horario de mañá e de tarde no Pavillón Municipal

O Concello de Chantada forma parte da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, o que posibilita o desenvolvemento de actividades que promoven a igualdade.

A este respecto organízase para o domingo, 18 de maio, un Curso de Defensa Persoal Feminina, que se desenvolverá no Pavillón Municipal en horario 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Este tipo de formación conta cunha parte teórica e outra práctica. Na primeira traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e farase un achegamento ó código penal. Haberá unha parte de desenvolvemento do control das 5 claves que contempla o programa: a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. As participantes coñecerán todo tipo de prevencións ante situacións de risco para tentar evitar o confrontamento físico. Se non é evitable aprenderanse técnicas ante un ataque ou un agarre ao peito ou un ataque cunha arma branca.

“A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida”, destaca a concelleira de Igualdade do Concello de Chantada, Pamela Fernández.

Poden participar mulleres de 16 anos en adiante, as menores necesitarían a correspondente autorización. As inscricións deben facerse no Edificio Multiusos de Chantada en horario de 9:00 a 14:00h.

Este tipo de propostas parten da Dirección Xeral de loita contra a Violencia de Xénero en colaboración coa Fegamp dentro do Pacto de Estado.

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca