Actual, Concello, Novas|

O Alcalde de Chantada Manuel Lorenzo Varela destaca o traballo desenvolto e agradece a boa disposición da Xunta

O Concello de Chantada acolleu este xoves unha nova mesa de traballo para abordar a ampliación do servizo de hospitalización a domicilio (HADO) do Hospital Comarcal de Monforte.

Participaron do encontro o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, o xerente da Ôrea sanitaria, Ramón Ares, o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, o alcalde do Concello de Carballedo, Julio Yebra Pimentel, e as concelleiras destas Ôreas nos dous concellos.

A HADO presta atención sanitaria a domicilio, posibilitando que os ingresos hospitalarios diminúan a súa duración e que o paciente poida terminar de recuperarse na comodidade da súa casa. Desde o 2016 o Hospital de Monforte dispón deste servizo, que é atendido por unha médica e tres enfermeiras, chegando aos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón, O Saviñao, Sober e A Pobra do Brollón. Ata agora non entraban na Ôrea de cobertura da HADO, os concellos de Chantada e Carballedo.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca o traballo que se leva desenvolto para acabar cunha situación que perxudica aos concellos de Chantada e Carballedo e agradece a boa disposición amosada pola Xunta, ā€œLevamos tempo traballando nisto e coincidimos na necesidade de implantar a HADO nos concellos de Chantada e Carballedo. No baremo distancia-tempo quedabamos fóra da zona de cobertura do Hospital de Monforte, pero estamos en boa sintonĆ­a coa ConsellerĆ­a para poder ampliar o servizo. Agora hai que solucionar un dos principais problemas que Ć© a falta de medios humanos, tĆ©ntase facelo no menor tempo posibleā€.

Ā 

Ā 

Ā 

Ā 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca