Actual, Concello, Novas|

O Concello de Chantada realizou varias probas e todas a dan como apta para o consumo

O Concello de Chantada informa de que as analíticas que leva feito da auga da Fonte da Ponte confirman que esa auga é apta para o consumo.

A mediados de xuño detectouse que por unha obra particular se estragara unha tubaxe da fonte producindo unha derrama. Nese momento, como medida de precaución e para garantir a seguridade das persoas usuarias, o Concello sela a fonte e encárgalle á empresa Viaqua unha analítica da auga. Os resultados que Viaqua ofreceu ao concello nesa primeira analítica, xa a daban como apta, polo que se decide desprecintar a fonte e encárgase unha nova analítica que vén de confirmar tamén que esta auga se pode consumir.

Se as persoas usuarias da fonte da ponte teñen dúbidas ao respecto da calidade das augas poden dirixirse ao Concello de Chantada e soliticitar a información que precisen.

 

 

 

 

Comments are closed.

Pechar fiestra de busca