A mostra pode visitarse ata o 30 deste mes

A casa da cultura de Chantada acolle ata o 30 deste mes de setembro unha nova exposición do pintor autodidacta, Jordi Montava. O artista, que reside en Sabadell, está casado cunha chantadina e pasa os veráns na aldea da súa muller, en Xoanín.
Esta vinculación co municipio de Chantada fai que esta sexa a terceira mostra que o pintor ofrece na vila do Asma. Nas anteriores ocasións, ademais de óleos, contouse con exemplares de maquetas que tamén elabora Montava no taller catalán.
Nesta ocasión achega a Chantada 20 cadros pintados ao óleo, resultado de máis de 3 décadas dedicadas á pintura.
A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e nas fins de semana, de 10:00 a 14:00h.
