Para participar é necesario estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade 25/26 ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2025, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicada no DOG 136 do 17 de xullo de 2025; con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e aos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal. Forman parte deste Programa os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, A Peroxa, Coles, Vilamarín, Amoeiro e Chantada que constitúe a cabeceira do mesmo.
O obxectivo do PIE é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral das persoas en situación de desemprego; proporcionando, entre outros, orientación personalizada, información, asesoramento, formación, prospección e intermediación laboral.
O número de participantes ascende a 100 persoas desempregadas dos concellos que integran o programa. Impartiranse 16 accións formativas do catálogo de especialidades do SEPE; que se completarán se así o desexa o participante, con prácticas en empresas para acadar unha maior cualificación de cara ás demandas do mercado laboral. A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.
As persoas candidatas a participar son preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia que lles comunica a súa inclusión no programa. Se algunha persoa non citada está interesada en formar parte dos cursos, poderá acudir á selección que comezará o 10 de novembro nos concellos de Pantón e Sober, para rematar o 14 en Carballedo e Chantada. O requisito imprescindible para todas aquelas persoas que desexen participar no programa é estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego no momento da selección.
Datas e horas da selección por concello:
